Esquema de temas
- Foro coas características, estratexias e recursos didácticos para a aprendixaze da materia Historia de España
Foro coas características, estratexias e recursos didácticos para a aprendixaze da materia Historia de España
- Preparando sin medo as probas ABAU da CIUG
Preparando sin medo as probas ABAU da CIUG
As probas da ABAU son un instrumento de avaliación externa do sistema educativo, baseado na equidade e na calidade, para garantir a igualdade de oportunidades para todo o alumnado. Os excelentes resultados aválana como se explica no artigo de Suso Bermello ao que remitimos.
O cambio no tipo de exame da materia Historia de España que se aplicou no curso 2017/18 mellorou os resultados acadados polo alumnado e a ampliación dos contidos permite acadar bos resultados nesta proba cun coñecemento xeral das etapas anteriores á Historia COntemporánea de España e una competencia rigorosa neste período histórico para resolver correctamente as composicións.
O sitio virtual da CIUG e, nomeadamente, o do grupo de traballo de Historia de España ofrecen circulares coas instrucións para a preparación exitosa das probas desta materia para a convocatoria de 2021. Xuntamos abaixo:
1º. A circular máis recente do GT de Hª de España coas orientacións para o curso 2020/21 (é un documento de referencia para preparar a materia ao longo do curso).
2º. Listaxe coas definicións de conceptos básicos de Historia de España: o propio GT elaborará unha de referencia. De momento, dispomos da que elaborou o curso pasado, xenerosa e altruistamente, a profesora Ana Romero Masiá que é un referente na didáctica desta materia.
3. Un modelo de exame que è semellante ao que resolveredes na convocatoria ordinaria da ABAU ou na extraordinaria e, tamén, aos desta materia durante o curso actual.
4. Unha bitácora xestionada polo Grupo de traballo de Hª de España da CIUG que ofrece:
Orientacións e recomendacións para respostar correctamente as probas e as rúbricas que as avaliarán, recursos bibliográficos e TIC para preparar as composicións e respostar con precisión aos conceptos e preguntas concretas:
- Conceptos: Matrícula do Mar (en Galicia), Xuntas do Reino de Galicia.
- Textos por temas e épocas recomendados polos grupo de traballo desta materia (CIUG): De Historia siglo XX e do IES Grabriel Miró de Orihuela.
5. As modificacións introducidas mediante a circular publicada o 20 de outubro de 2020 para a convocatoria ordinaria e extraordinaria de 2021 nas que se amplia a optatividade na escolla de conceptos, preguntas teóricas e composicións por parte do alumnado como pode verse no exame-tipo que ofrece como modelo para as convocatorias de 2021 ese GT de Hª de España da CIUG.
- Foro de novas da materia Historia de España
Foro de novas da materia Historia de España
Neste espazo virtual anunciaranse as novas referidas ao desenvolvemento do traballo do alumnado na materia Historia de España.
Figurarán, tamén, as respostas a preguntas das alumnas e alumnos que estimemos de interese xeral para o grupo de aprendizaxe.
- Traballo de investigación durante o curso 2020/21
Traballo de investigación durante o curso 2020/21
Neste apartado presentamos as normas, referencias bibliográficas e webgráficas e plantillas para realizar o traballo voluntario de investigación nun tema do currículo de Historia de España (2º de Bach.) durante o curso 2020-21.
- 1. A Prehistoria e a protohistoria peninsular ata a romanización
1. A Prehistoria e a protohistoria peninsular ata a romanización
- 2. A romanización da Península Ibérica (s. III aC.-s.V)
2. A romanización da Península Ibérica (s. III aC.-s.V)
Xuntamos dúas presentacións dixitais elaboradas pola profesora Pernas Oroza:
A primeira sobre o proceso de romanización da Península e a integración económica, social, política e administrativa de Hispania no orbe romano.
A segunda sobre o legado romano na Galaecia e as características e consecuencias das migracións dos pobos bárbaros á extrema occidental do imperio romano.
Recoméndase a realización das tarefas propostas.
- 3. A idade media peninsular: de Al Andalus ata as crises e conflitos do século XV
3. A idade media peninsular: de Al Andalus ata as crises e conflitos do século XV
Xuntamos recursos didácticos e prácticas para a aprendizaxe dos contidos referidos á evolución política, económica e social da Península Ibérica entre os séculos VIII e XV.
- 4. A época moderna: da monarquía hispánica á España dos Borbón e a crise do Antigo RéximeEste tema
4. A época moderna: da monarquía hispánica á España dos Borbón e a crise do Antigo Réxime
A evolución histórica da sociedade asentada no territorio dos antigos reinos de Castel-León e Cataluña-Aragón-Valencia e Baleares experimentou transformacións substanciais a partires do derradeiro cuarto do século XV como consecuencia das medidas reformadoras e unificadoras aplicadas polos Reis Católicos.
A herdanza do trono polo seu neto Carlos instaura a monarquía dos Habsburgo sobre un imperio complexo (ss. XVI e XVII) que se verá modernizado polas políticas aplicadas pola dinastía dos Borbón durante o século XVIII.
A crise do Antigo Réxime provocada pola alianza de Godoy coa Franza de Napoleón e agravada durante o reinado de Fernando VII
Ofrecemos recursos e prácticas para comprender mellor este periodo apaixoante do pasado colectivo dos españois.
- 7. (3ª avaliación): do "saúde e República" aos movementos insurrecionais contra o primeiro rexime democrático da Historia de España
7. (3ª avaliación): do "saúde e República" aos movementos insurrecionais contra o primeiro rexime democrático da Historia de España
- 8. O fracaso da rebelión militar e fascista contra a 2ª República que provocou unha guerra civil con prácticas xenocidas (1ª quincena de maio de 2020)
8. O fracaso da rebelión militar e fascista contra a 2ª República que provocou unha guerra civil con prácticas xenocidas (1ª quincena de maio de 2020)