25-N

Conmemorando o Día Internacional contra a Violencia de Xénero este libro pretende concienciar sobre esta problemática e fomentar a participación adolescente en aras dunha madurez igualitaria, responsable, respetuosa e activa no recoñecemento dos sentimentos alleos.

Ideas e Recursos para o Podcast

Opción 1:
  • Escribe o teu texto.
  • Grábao co teu móbil (proba cunha música de fondo instrumental)
  • Gárdao no ordenador.
  • Comproba que formato ten (mira a extensión do arquivo), se non é mp3 terás que convertilo (Format Factory é o software instalable que vos recomendamos e que temos nas aulas de informática, as opcións online tamén son interesantes)
  • Cambia o nome do arquivo de xeito que sexa: nomeapelidoapelido_cvx.mp3
  • Intenta reproducilo. Comproba que se escoita ben a mensaxe e que non dura máis de 40 segundos.
    • Se estás conforme envíao á carpeta compartida. Xa participa no concurso e obtés 30 puntos na tarefa.
    • Alóxao en SoundCloud, Ivoox ou similar e logo publícao no teu blog acompañándoo cunha pequena xustificación. Esta parte sumarache 70 puntos nas túas cualificacións.

Opción 2:
  • Escribe o teu texto.
  • Grábao coa axuda de Audacity ou outro software de edición de son. (proba cunha música de fondo instrumental libre de dereitos de autor -Jamendo é unha opción- e anota a url)
  • Gárdao no ordenador.
  • Comproba que formato ten (mira a extensión do arquivo), se non é mp3 terás que convertilo (Format Factory é o software instalable que vos recomendamos e que temos nas aulas de informática, as opcións online tamén son interesantes)
  • Cambia o nome do arquivo de xeito que sexa: nomeapelidoapelido_cvx.mp3
  • Intenta reproducilo. Comproba que se escoita ben a mensaxe e que non dura máis de 40 segundos.
    • Se estás conforme envíao á carpeta compartida. Xa participa no concurso e obtés 30 puntos na tarefa.
    • Alóxao en SoundCloud, Ivoox ou similar e logo publícao no teu blog acompañándoo cunha pequena xustificación e o enlace do fondo musical para comprobar a súa licenza. Esta parte sumarache 70 puntos nas túas cualificacións.


ASOCIACIÓN NO MÁS VIOLENCIA DE GÉNERO un blog de José Antonio Burriel