Temas semanais para a reflexión

Esas outras cousas da nosa vida que esquencemos na educación formal.

Orientación: O traballo do futuro (6:38)


Setembro, 1/2.

Con este vídeo de presentación da materia de informática pretendemos dar unhas pinceladas do cariz que vai tomar este proceso de ensino-aprendizaxe e que pode resultarche novedoso se o comparas coas túas experiencias educativas pasadas e máis tradicionais.

Faite á idea de que non temos receitas para o teu futuro, terás que cociñar, descubrir ingredientes e experimentar combinacións. Só pretenderemos unha cousa: que valores a túa capacidade para aprender o que queiras e cando queiras, nós estaremos aí para orientarche pero terás que ser tí o protagonista.

Lembra: "A aprendizaxe ten lugar cando alguén quere aprender, non cando alguén quere ensinar".