Temas semanais para a reflexión

Sitio: Aula virtual
Curso: Informática 4º ESO IESEBA 1415
Libro: Temas semanais para a reflexión
Imprimido por: Invitado
Día: miércoles, 29 de mayo de 2024, 08:42

Descripción

Esas outras cousas da nosa vida que esquencemos na educación formal.

Orientación: O traballo do futuro (6:38)


Setembro, 1/2.

Con este vídeo de presentación da materia de informática pretendemos dar unhas pinceladas do cariz que vai tomar este proceso de ensino-aprendizaxe e que pode resultarche novedoso se o comparas coas túas experiencias educativas pasadas e máis tradicionais.

Faite á idea de que non temos receitas para o teu futuro, terás que cociñar, descubrir ingredientes e experimentar combinacións. Só pretenderemos unha cousa: que valores a túa capacidade para aprender o que queiras e cando queiras, nós estaremos aí para orientarche pero terás que ser tí o protagonista.

Lembra: "A aprendizaxe ten lugar cando alguén quere aprender, non cando alguén quere ensinar".

Motivación académica: Y tú...¿pasas? (4:09)

Se chegache ata 4º supoñemos que agora non te rendirás nin pasarás de sacar o Graduado.
De tódolos xeitos non está demais que tomes unha dosis de motivación, aproveita o consello de Samu.



Pero ten cuidado, Samu non pretende minusvalorar calquera ocupación ou traballo, todos son importantes e necesarios, pero eres ti quen nos importa e todos somos conscientes que tanto a nivel profesional como persoal a formación é determinante.

Este vídeo está feito nun momento moi duro, cando España estivo no peor da crise e estoupou a burbulla inmobiliaria. Un momento no que moitos rapaces deixaron os seus estudos para poñerse a traballar na construción e cobrar máis que un mestre de escola (lóxicamente o horario e o esforzo tamén eran maiores). Un momento no que, sen ese traballo non cualificado e sen outra formación, as posibilidades de conseguir a tan ansiada autonomía económica converteuse nun imposible.

Machismo no Whatsapp

Superación: El mundo sigue girando (4:17)

Decembro (3/3)
Sabes xa as notas da 1ª Avaliación?
Non son tan boas como lles gostaría aos teus pais?

Olla este vídeo e falamos logo:


Cambia o chip.

Aprende dos erros e non te afundas neles.

Conciénciate de que o mais interesado nunhas boas notas debes ser tí e non os teus pais.

O teu futuro está e estará sempre nas túas mans e non sempre será doado, dependendo do xeito en que afrontes as adversidades e os erros cometidos, porque todos os cometemos, atoparás o que realmente queres para tí: ser feliz. Con moito ou con pouco pero ser feliz e estar satisfeito con un mesmo, con que o fixestes o mellor que podíades.

Se non colliches a mensaxe mira a letra embaixo do vídeo, en  "MOSTRAR MÁS".


Educación Vial. Se bebes non conduzas (5:21)


Marzo 2015 (1/4)
Campaña Australiana, nadal 2014, de prevención de accidentes de tráfico derivados do consumo de alcohol e drogas.

Reflexiona:

Cal dos protagonistas creedes que terá unha vida máis difícil logo da experiencia dun accidente de tráfico?

Ponte no lugar do autor dun accidente de tráfico do que non é responsable pero que tivo algunha víctima mortal, por exemplo se che sae un neno en bicicleta de súpeto ao teu camiño. Como crees que será o día a día? e cando vexas a un neno que se lle asemelle?

Hoxe non sodes os destinatarios da mensaxe "Se bebes non conduzas" pero sí podedes ser conscientes dos riscos que asumides cando vos subides ao coche dun amigo logo dunha noite de marcha. 
Que é mais cobarde, subir ao coche ainda sendo conscientes de que o condutor non vai nas condicións debidas ou chamar a un taxi, aos teus pais, a un familiar, ou a un amigo que vos vaia recoller?

Si te controla no te quiere

https://www.youtube.com/watch?v=ZhGE2sBTbNo&list=PLkq7R7IpXHhVD1OFzwiRbZwPxi00biClv&feature=iv&src_vid=C5C38DrQPqw&annotation_id=551c4180-0000-2d17-82e2-001a113f250e


http://buscatucamino.com/blog/?p=2297