25-N

Sitio: Aula virtual
Curso: Informática 4º ESO IESEBA 1415
Libro: 25-N
Imprimido por: Invitado
Día: miércoles, 15 de mayo de 2024, 23:34

Descripción

Conmemorando o Día Internacional contra a Violencia de Xénero este libro pretende concienciar sobre esta problemática e fomentar a participación adolescente en aras dunha madurez igualitaria, responsable, respetuosa e activa no recoñecemento dos sentimentos alleos.

Concurso de vídeos e cuñas polo bo trato

Cartel do concurso



Presentación



Envío da tarefa do tuít

Envío da TarefaClica na imaxe para enviar a túa tarefa "Tuít: polo bo trato, contra a violencia de xénero"


Lembra que tes que:

  • Enviar ó AV o enlace acortado á entrada do teu blog  onde teñas publicado o teu tuít xunto cunha pequena xustificación do mesmo.

Ideas e Recursos para o Podcast

Opción 1:
  • Escribe o teu texto.
  • Grábao co teu móbil (proba cunha música de fondo instrumental)
  • Gárdao no ordenador.
  • Comproba que formato ten (mira a extensión do arquivo), se non é mp3 terás que convertilo (Format Factory é o software instalable que vos recomendamos e que temos nas aulas de informática, as opcións online tamén son interesantes)
  • Cambia o nome do arquivo de xeito que sexa: nomeapelidoapelido_cvx.mp3
  • Intenta reproducilo. Comproba que se escoita ben a mensaxe e que non dura máis de 40 segundos.
    • Se estás conforme envíao á carpeta compartida. Xa participa no concurso e obtés 30 puntos na tarefa.
    • Alóxao en SoundCloud, Ivoox ou similar e logo publícao no teu blog acompañándoo cunha pequena xustificación. Esta parte sumarache 70 puntos nas túas cualificacións.

Opción 2:
  • Escribe o teu texto.
  • Grábao coa axuda de Audacity ou outro software de edición de son. (proba cunha música de fondo instrumental libre de dereitos de autor -Jamendo é unha opción- e anota a url)
  • Gárdao no ordenador.
  • Comproba que formato ten (mira a extensión do arquivo), se non é mp3 terás que convertilo (Format Factory é o software instalable que vos recomendamos e que temos nas aulas de informática, as opcións online tamén son interesantes)
  • Cambia o nome do arquivo de xeito que sexa: nomeapelidoapelido_cvx.mp3
  • Intenta reproducilo. Comproba que se escoita ben a mensaxe e que non dura máis de 40 segundos.
    • Se estás conforme envíao á carpeta compartida. Xa participa no concurso e obtés 30 puntos na tarefa.
    • Alóxao en SoundCloud, Ivoox ou similar e logo publícao no teu blog acompañándoo cunha pequena xustificación e o enlace do fondo musical para comprobar a súa licenza. Esta parte sumarache 70 puntos nas túas cualificacións.


ASOCIACIÓN NO MÁS VIOLENCIA DE GÉNERO un blog de José Antonio Burriel

Envío da tarefa do Podcast

Envío da TarefaClica na imaxe para enviar a túa tarefa "Podcast: polo bo trato, contra a violencia de xénero"


Lembra que tes que:

  • Enviar ó AV o enlace acortado á entrada do teu blog  onde teñas publicado o teu Podcast xunto cunha pequena xustificación do mesmo, as ferramentas empregadas, as dificultades atopadas, os recursos e fontes empregados así como o teu parecer respecto da campaña organizada polo Concello e destinada ao alumnado da túa idade.

Ideas e Recursos para a Curtametraxe

Emotividade e Proximidade poden ser dúas características do primeiro vídeo do Prezi incluído na Presentación deste Libro. Se non o lembras val a pena volver a velo. As razapas caracterízanse para darlle á mensaxe un rostro humano máis próximo e sentido.
Suxerencia: podedes facelo cunha moneca (ou varias).



Podes facer unha presentación e logo montalo nun vídeo ou ben facer un vídeo a partires dun álbum de fotos.
Aquí tes algunha fotos editadas polo vosos compañeiros do curso 2012-13  co editor de Gooogle +.
E nestes enlaces iredes á búsqueda de Google de "mujer maltratada" sen filtrar por licencia e "violencia de género" con licencia para reutilización con modificacións.

Fixádevos que as imaxes máis repetidas son as de violencia ou as consecuencias da mesma. Fuxide de ser repetitivos, sede orixinais, enfocádeo de outra maneira: nenos, mans entrelazadas, bágoas, sorisos, o fondo visual dependerá da mensaxe que queirades transmitir.



Envío da tarefa da Curta

Envío da TarefaClica na imaxe para enviar a túa tarefa "Curtametraxe: polo bo trato, contra a violencia de xénero"


Lembra que tes que:
  • Enviar ó AV o enlace acortado á entrada do teu blog  onde teñas publicado o teu vídeo ou curtametraxe xunto cunha pequena xustificación do mesmo, as ferramentas empregadas, as dificultades atopadas, os recursos e fontes empregados así como o teu parecer respecto da campaña organizada polo Concello e destinada ao alumnado da túa idade.