25-N

Conmemorando o Día Internacional contra a Violencia de Xénero este libro pretende concienciar sobre esta problemática e fomentar a participación adolescente en aras dunha madurez igualitaria, responsable, respetuosa e activa no recoñecemento dos sentimentos alleos.

Ideas e Recursos para a Curtametraxe

Emotividade e Proximidade poden ser dúas características do primeiro vídeo do Prezi incluído na Presentación deste Libro. Se non o lembras val a pena volver a velo. As razapas caracterízanse para darlle á mensaxe un rostro humano máis próximo e sentido.
Suxerencia: podedes facelo cunha moneca (ou varias).



Podes facer unha presentación e logo montalo nun vídeo ou ben facer un vídeo a partires dun álbum de fotos.
Aquí tes algunha fotos editadas polo vosos compañeiros do curso 2012-13  co editor de Gooogle +.
E nestes enlaces iredes á búsqueda de Google de "mujer maltratada" sen filtrar por licencia e "violencia de género" con licencia para reutilización con modificacións.

Fixádevos que as imaxes máis repetidas son as de violencia ou as consecuencias da mesma. Fuxide de ser repetitivos, sede orixinais, enfocádeo de outra maneira: nenos, mans entrelazadas, bágoas, sorisos, o fondo visual dependerá da mensaxe que queirades transmitir.