Aprobada a participación no programa de intercambio Erasmus+

O noso instituto participará nun proxecto de intercambio con centros doutros países europeos durante os cursos 2018/19 e 2019/20. O IES de Beade contará cun orzamento de 27000 euros para que o noso alumnado visite os centros dos nosos socios -en Italia, Francia e a república báltica de Letonia-, e para recibir aquí aos alumnos deses países.

O título do proxecto é: "Ecosystems, water, energies and green jobs: a global challenge for European youth!” O seu obxectivo é axudar ao noso alumnado a tomar conciencia da necesidade de contribuír activamente na conservación do medio ambiente europeo, traballando en colaboración con rapaces doutros puntos de Europa. Terán, ademais, a oportunidade de coñecer como é a vida escolar e familiar deses países.

Información gráfica: mapa cidades  -   fotos cidades