TAREFAS E ACTIVIDADES PARA O TERCEIRO TRIMESTRE
TAREFAS E ACTIVIDADES PARA O TERCEIRO TRIMESTRE
DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA
-Durante o terceiro trimestre os alumnos con algunha avaliación suspensa de ESO e 1º de Bacharelato, deberán realizar e entregar tarefas de recuperación segundo o calendario adxunto.
Os alumnos de 2º de Bacharelato repasarán co material posto á súa disposición durante o curso.
Ao final de cada quincena farán e entregarán nun tempo limitado un control on- line.
-Os alumnos coa avaliación aprobada correspondente a cada quincena dedicada ao repaso, farán actividades de autocorrección de ampliación de materia que serán entregadas para que os profesores teñan en conta o seu seguimento, e co fin de poder ter en conta ditas tarefas na cualificación global ao final de curso.
-Os alumnos coa materia de FQ pendente farán e entregarán tarefas de repaso da 2º parte da materia e posteriormente da primeira se a tivesen suspensa, en previsión de que non se poidan efectuar probas presenciais máis adiante.
-En xuño haberá a posibilidade dunha semana de repaso global cun control final de suficiencia para os alumnos que non suspendesen as recuperacións. Este control, en principio, sería tamén on- line.
ABRIL |
|
Semana 20-24 |
Repaso da 2ª Avaliación. As actividades de repaso entréganse o venres 24 antes das 12 h . Os alumnos coa 2ª avaliación aprobada farán actividades de autocorrección de ampliación de materia con entrega voluntaria o venres 24 antes das 12 h. |
Semana 27-30 |
Repaso da 2ª Avaliación. As actividades de repaso entréganse o venres 1 de maio antes das 12 h Os alumnos coa 2ª avaliación aprobada farán actividades de autocorrección de ampliación de materia con entrega voluntaria o venres 1 de maio antes das 12 h. |
MAIO |
|
Semana 4-8 |
Semana de repaso para o control de recuperación da 2ª avaliación que se fará o venres 8 de maio ás 11 h para 2º, 3º e 4º de ESO e para 1º e 2º de BAC. Os alumnos de 2º de ESO coa 2ª avaliación aprobada farán un control de cinemática no seu lugar para afianzar coñecementos . O resto dos alumnos de 3º, 4º de ESO e 1º e 2º de BAC coa segunda avaliación aprobada, farán actividades de ampliación de contidos. Os alumnos coa materia de FQ pendente, entregarán o venres 8 de maio as tarefas de repaso da 2ª parte antes das 12 h. |
Semana 11-15 |
Repaso da 1ª Avaliación. As actividades de repaso entréganse o venres 15 antes das 12 h Os alumnos coa 2ª avaliación aprobada farán actividades de autocorrección de ampliación de materia con entrega voluntaria o venres 15 antes das 12 h. |
Semana 18-22 |
Repaso da 1ª Avaliación. As actividades de repaso entréganse o venres 22 antes das 12 h Os alumnos coa 1ª avaliación aprobada farán actividades de autocorrección de ampliación de materia con entrega voluntaria o venres 22 antes das 12 h. |
Semana 25-29 |
Semana de repaso para o control de recuperación da 1ª avaliación que se fará o venres 29 de maio ás 11 h para 2º, 3º e 4º de ESO e para 1º e 2º de BAC. O resto dos alumnos de 2º, 3º, 4º de ESO e 1º e 2º de BAC coa primeira avaliación aprobada, farán actividades de ampliación de contidos. Os alumnos coa 1ª parte da materia de FQ pendente entregarán o venres 29 de maio as tarefas de repaso antes das 12 h. |
XUÑO |
|
Semana 1-5 |
Repaso da primeira e segunda avaliación para os alumnos con avaliacións suspensas. Actividades de ampliación para o resto |
Semana 8-12 |
Actividades de ampliación e proba final o 12 de xuño para os alumnos con avaliacións suspensas, incluídos pendentes. |