blog deadmin

Carta ás familias

Carta do Equipo Directivo do instituto dirixida ás familias do alumnado para explicarlles a situación actual e as medidas adoptadas para o inicio de curso na situación de pandemia.

Carta ás familias

Nova data de inicio de curso

OLLO!

A Consellería de Educación acaba de adiar o comezo de curso ata o 23 de setembro. Publicaremos o máis pronto posible o novo calendario de presentacións.

 

Matrícula setembro 2020-2021

Proceso de formalización de matrícula para o curso 2020-2021. Por favor, lede e seguide atentamente a información que hai dentro de cada sobre.

Protocolo COVID-19 Curso 2020-2021

A Consellería de educación publicou o Protocolo de adaptación ao contexto da covid 19 nos centros de Ensino non Universitario de Galicia para o curso 2020-2021, actualizado coas Instrucións polas que se incorporan a declaración de actuacións coordinadas en materia de saúde pública aprobadas polo Consejo Interterritorial do Sistema Nacional de Salud Pública e a actualización das recomendacións sanitarias do

Libros de texto 2020-2021

Publicadas as listaxes de libros de texto de ESO e BAC ordenadas por curso para o próximo ano académico 2020-2021.

Visita a páxina de descargas

Devolución de libros de texto

Calendario e horario de devolución de libros de texto de materias aprobadas na avaliación final de xuño:

Horario: 9:00 a 13:00

1º ESO: xoves 2 de xullo

2º ESO: venres 3 de xullo

3º ESO: luns 6 de xullo

4º ESO: martes 7 de xullo

Novo proxecto eTwinning

O noso instituto participa nun novo proxecto eTwinning titulado "Life scales project". Podedes ir directamente desde esta ligazón:

https://twinspace.etwinning.net/91809/

 

Listaxe provisional admitidos curso 2020-2021

Publicamos a listaxe provisional de alumnado admitido para o curso 2020-2021. Lembrar que, como quedan prazas vacantes, non é necesario baremar. Polo tanto non se necesita achegar máis documentación nin facer nada ata o momento de formalizar a matrícula.

Programacións didácticas adaptadas-Curso 2019-2020

Publicamos as programacións didácticas de todas as materias, adaptadas ás circunstancias especiais nas que atopa o ensino debido á pandemia COVID-19.

Programacións didácticas adaptadas

ABAU 2020

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2020, conxunta da Secretaría Xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se modifica a Resolución do 26 de febreiro de 2020 pola que se ditan instrucións para a realización, dentro do curso 2019/20, da avaliación de bacharelato para o acceso á unive

Avaliación de materias pendentes

Publicados os novos calendarios, actividades e probas para o alumnado con materias pendentes de cursos anteriores. Visita a páxina de descargas e infórmate.

Descargas

Instrucións 3º trimestre

Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

28 de abril: Día da Educación Física na Casa

 O 28 de abril segue a ser o día de educación física na rúa. Este ano, debido ás especiais circunstancias, cambiamos a rúa pola casa. Participa. Na ligazón que segue tes toda a información.

Día da educación Física na Casa

CRAS: Cadro resumo actividades semanais

Publicamos o primeiro CRAS, que corresponde ás actividades desta semana. Atentos porque todas as semanas publicaremos o seu CRAS.

Trátase de táboas semanais que conteñen as tarefas asignadas a cada grupo por materias. 

Distribuir contido