Temas propostos para o traballo en grupo da primeira avaliación.

  • Formular unha hipótese a partir da observación da conduta e o comportamento humano e intentade contrastala a partir das metodoloxías explicadas na primeira unidade: enquisa, contrastación de datos, etc. Deberedes explicar de onde sacades a vosa hipótese, preparar un cuestionario, recoller os datos e analizalos e, finalmente, obter unha conclusión ao respecto.
  • Traballos de investigación: o debate entre o innato e o adquirido sobre a conduta humana; o problema mente-cerebro e a súa evolución; as distintas perspectivas ao respecto do problema mente-cerebro; trastornos de base neurolóxica (Alzheimer, Parkinson, etc) ou xenética (p.ex. Síndrome de Dawn); a influencia da cultura á hora de transformar os nosos instintos...