O LIBRIÑO DA MITOLOXÍA GALEGA

GALICIA É UN LUGAR DE ENCANTAMENTOS

3. AS CRENZAS

3.4. OS ESPÍRITUS NAS CRENZAS GALEGAS

  Os espíritos nas crenzas galegas

es           we     ar

O pobo galego creu, e aínda cre, nestes xenios misteriosos por influxo dos cales, segundo sexan bos ou malos, se desexa ou se teme algo. Deste xeito, os campesiños teñen por certo que o espacio, os camiños, as casas, as augas, os montes, as fragas e as corred

oiras están poboados deses fillos da noite que, entre as sombras, camiñan errantes como as nubes, lixeiros coma o pensamento e fuxidíos coma o lóstrego.

Os
espíritos que forman o mundo da nosa mitoloxía popular nacen da lenda segundo a cal cando os anxos rebeldes foron expulsados do Ceo, a Virxe intercedeu por unha lexión deles que xa ían camiño de ser sepultados nas profundidades do inferno, e que na caída ficaron suspendidos na terra, no aire e nas augas, onde proseguen vaga
ndo invisibles para nós .

Eses espíritos indultados pola intervención da Nai de Deus son, segundo di Murguía, os seguintes:

Espíritos da casa: as almas, o canouro, o diaño, o tangomango e o tardo.

Espíritos do aire: os nubeiros e os tronantes. O nubeiro é unha especie de trasno ou espírito maligno, morador dos aires, a quen a mitoloxía popular atribúe o poder de produci-la treboada e dirixi-los raios, máis esta ultima función é mais propia dos tronantes.

Espíritos das augas
: as donas, as lavandeiras, as sereas e as virxes.

Espíritos da terra: as damas, as doncelas, as fadas, o meigallo, o trasno, os encantos e os vedoiros.


Espíritos dos antros
: as lumias, as ouvas, os mouros e os negrumantes.

Espíritos dos campos e das fragas: a Santa Compaña
, a Estadea, o canouro e a pantasma.

Algúns destes axentes fantásticos, fillos todos do delirio, dos pesadelos ou do medo do pobo, danlle vida a outros seres intermedios, comunicándolles poder para o ben e para o mal. Uns son riseiros e ledos, outros, pola contra, representan o mal e o pecado, como as meigas chuchonas; outros, por fin, son a síntese da bondade e dos beneficios; e todos ou case todos acadan no maxín das xentes sinxelas personificación propia de seres materiais e activos, podendo dicirse certamente que os espíritos constitúen o ambiente do marabilloso aire que se respira na vida rural galega.


O animismo
: Na acepción aldeá, máis mítica ca científica, o que atinxe á concepción do mundo substánciase en que o home vive envolto en forzas misteriosas e en que seres invisibles poboan o aire, os ríos, as fontes, as furnas e as corredoiras, sobre todo polas noites; seres que andan a carón da xente no curral, no sobrado, na corte, na eira e en tódalas súas angueiras.

As xentes campesiñas teñen por
encantados moitos lugares, como as covas, as furnas, as mámoas, os pardiñeiros dos vellos castelos derrubados, etc., que supoñen mansións de misteriosos seres ou de apocalípticos males en repou
so.

A dúas leguas de Lugo, preto de Francos, hai dúas penas que separan un camiños que os moradores da comarca non se atreven a quebrar pois teñen por certo que están encantadas: unha chea de ouro, e outra, de alcatrán; e se esta se barrenase a fin de obte-las riquezas que se supón que contén incendiaríase toda a contorna. Esta crenza existe con lixeiras variantes noutras comarcas galegas




.