Pedra de abalar

As pedras de abalar ou pedras abaladoiras son enormes pedras habitualmente situadas preto da costa que están apoiadas gravitacionalmente só en dous puntos de xeito que o centro de gravidade se pode modificar cun esforzo moi pequeno. O significado antropolóxico e etnográfico destas pedras é grande, pois ás veces serven coma lugar de rito de iniciación ou curación.

A súa existencia preto do mar responde á súa formación: a erosión salina vai creando alvéolos nas súas rexións máis periféricas, que lle van dando formas redondeadas á rocha e eventualmente trasladan as forzas de apoio a puntos que non eran os iniciais.

[editar] Pedras abaladoiras en Galicia
Pena da Conga (Melide)
Pedra da Barca (Muxía)
Castro do Faro (O Porriño) .
Última modificación: Martes, 19 de Xullo de 2016, 12:35