O LIBRIÑO DA MITOLOXÍA GALEGA

GALICIA É UN LUGAR DE ENCANTAMENTOS

3. AS CRENZAS

3.1. AS MEIGAS NAS CRENZAS GALEGAS

As meigas nas crenzas galegas

AA crenza nas meigas é mito central do noso acervo supersticioso; elas representan para o pobo o mal e o pecado, o danoso e o prexudicial; todo o contrario á bondade e ó ben, feito polo que se diferencian das fadas, que significan o favorable e o adverso (dada a súa dobre condición de boas fadas e malas fadas).

carballeira O específico da identidade das meigas é a vellez, acrecentada pola dureza, a crueldade e a vinganza, aínda que tamén por veces son boas. Polo xeral, as xentes sinxelas témenas ou rexéitanas, pero tamén andan á súa procura, cando con ensalmos acoden a elas por curaren algunha doenza ou por descubriren o porvir.

Atribúenselle sortilexios, maleficios e meiguerías; críase que estaban dotadas dun poder sobrenatural, diabólico, para cabalgar de noite polos aires a carranchapernas en paos de vasoiras e dirixíndose os sábados a Sevilla ou ó areal do Coiro de Cangas, onde celebraban xuntanzas co mesmo demo. Para realizar estas excursións nocturnas polo espacio aéreo untábanse con ungüentos que agochaban na pedra da lareira, e aínda ás veces facían beberaxes para zuga-lo sangue ós rapaces (de onde lle ven o nome de meigas chuchonas que ven sendo o mesmo que dicir vampiros na mitoloxía popular).

Tiñan as meigas unha idea real, se ben fantástica, das facultades superiores de que se crían dotadas; e cando nun proceso se lle preguntou a unha delas se fora polo aire montada na vasoira de costume alporizada e burlona contestou : ¡iso, por suposto, xa se sabe!.

Duramente perseguidas pola Inquisición e os Xustizas reais, o número das procesadas chegou a ser tal que os inquisidores dicían que Galicia estaba "muy afligida por esta plaga". En procesos que se lles incoaron declararon algunhas, sometidas a tormentos, que falaban cos defuntos,que podían desmaiar unha persoa sempre que quixesen facéndolle sinais con cruces na fronte; que curaban coas herbas de dezaoito cemiterios; que facían volve-lo leite ás amas por medio da ruda, o ourego e outras herbas; e moitas afirmacións deste tipo, debidas en gran parte a histéricas alucinacións.

cemiterio supersticiosa de que o belisco dunha meiga abonda para que o que o reciba fique enmeigado, se non llo devolve de contado; e esta crenza lendaria orixinou o costume de beliscarse entre si as mozas, poñendo cada quen singular empeño en devolver ó punto o belisco recibido. As meigas puideron ser en orixe druidesas; e, en resumo, o antídoto máis eficaz contra delas parece ser o de levar un allo no peto.

Na comarca de Bergantiños , a un crómlech que se atopou no cumio da parroquia de Cances , foi chamado " Eira das meigas", e recibe este cualificativo porque, segundo a tradición, alí se xuntaban as bruxas na véspera de San Xoán, e acomodada cada unha no seu asentadoiro, ou sexa, as pedras que forman o círculo, tomaban acordos para facer dano ós humanos. Este crómlech ou círculo lítico coñécese tamén como "Circo dos xogos".

O MEIGALLO


Chámase así o feitizo, embruxamento, encantamento de que se valen meigas e feiticeiros para acada-los seus propósitos. Hai xente en Galicia que cre que o meigallo é cousa certa, considerándoo efecto da envexa. Métese no corpo da persoa elixida, xeralmente unha moza abandonada polo noivo, ou unha muller que se cre víctima da envexa. 

A persoa que padece a doenza non entra por propio gusto na igrexa nin atende á misa, pero os parentes ou amigos e amigas obrígana a oí-la misa cantada; evidénciase o seu feitizo no feito de que mentres o crego ergue a hostia e o cáliz, ela berra, bota escuma e retórcese en convulsións case epilépticas e cae rendida, abeirada polos que a suxeitan que no en tanto non deixan de lle dicir, un pouco arrepiados e autoritarios: ¡bótao fóra!... ¡bótao fóra!...

 

Mónica Beatriz Suárez Groba

- Bibliografía consultada:    "breviario enciclopédico", eladio rodríguez gónzalez