O LIBRIÑO DA MITOLOXÍA GALEGA

GALICIA É UN LUGAR DE ENCANTAMENTOS

2. AS NOSAS ORIXES CELTAS

ff  Entre os séculos VI e V a.d.C. chegaron os celtas o noroeste da península Iberica ó mesmo tempo que impuñan a súa hexemonía e influxo noutras poboacións da Europa mediterránea, A orixe celta de Galicia , di Manuel Murguía, non pode poñerse en dúbida. O celta (engade) é o noso único, o noso verdadeiro devanceiro . Testemúñano así os castros, os monumentos megalíticos e os demais restos prehistóricos que deles quedan no espallados polo país.

Os celtas adoraban como deuses as fragas, os montes, osos, as fontes e algúns lugares, crenzas que de certa maneira aínda perviven nas nosas comarcas. Adoitaban celebrar de noite as súas cerimonias e xuntanzas, feito do que non fai moitos anos aínda perduraban reminiscencias a xeito de ruadas, trulladas e foliadas. Tiñan por afronta morrer de enfermidade e expoñían os doentes nos camiños por ver se algún transeúnte coñecía e sabía tratar o seu padecemento; veneraban as figueiras como árbores que lles aprtaban alimento; adoraban o sol acudindo ó Finisterrae en onde tiñan o seu altar o Sol o Arasolis; profesaban especial devoción ó deus Endovelio e tiñan outros deuses como Bandía, Neith, Neton, Hades, Eiduorio e outros. Crían na inmortalidade e, polo tanto, na existencia doutra vida. Alimentábanse de belotas e carne, facendo da belota moída unha especie de fariña ca que cocían un pan; celebraban certames a pé ou a cabalo, con carreiras, tiros de dardos e loitas; sacrificaban machos cabríos a súa deidade guerreira; axustizaban os condenados a morte despenándoos dende cantís ; lapidaban os parricidas por fóra das murallas que defendían os poboados; vaticinaban o futuro nas entrañas das víctimas dos seus sacrificios, no voo dos paxaros e a dirección das lapas do lume; e tiñan por lugares sagrados o Monte Pindo ou o Pico Sacro non tendo permitido neles rachar as súas pedras.

Esta civilización perviviu de algunha maneira hasta a chegada dos colonizadores romanos aló no primeiro século da nosa era .

SD           GH    ER