Skip to Content

-

I CERTAME DE TEATRO "LAGOAS A ESCENA"

Como centro impulsor da modalidade de Música e Artes Escénicas, o IES As Lagoas contemplaba desde había tempo a organización dun certame de teatro escolar,  e hoxe por fin, ese desexo  é unha realidade.

O teatro busca desenvolver entre o alumnado a dimensión estética e creativa da vida, desenvolver as competencias básicas, fomentar a integración  e estreitar as relacións dentro das comunidades escolares e sociais.

Trátase dun certame local, dirixido aos centros públicos e concertados da cidade de Ourense que impartan ESO e BAC, alumnado co que estarán formados os grupos.

O prazo de inscrición rematará o 21 de marzo de 2024, incluído, e unha vez rematado, procederase a elaborar o calendario que será comunicado aos centros participantes. O período de representacións programarase a tarde dos luns dos meses de maio e xuño.

As persoas interesadas  poderán acceder a toda a información e documentación relativa ao certamen na sección da web dedidaca a iso, na lapela superior á dereita.



page | by Dr. Radut