Skip to Content

-

ERASMUS DAYS

Os días 10 e 11 de outubro imos celebrar no centro os "Erasmus Days", unha campaña de celebración que pon en valor os beneficios da mobilidade europea, mediante a difusión dos proxectos do programa Erasmus +, implicando á comunidade educativa e á cidadanía en xeral.

Durante estes días, temos o noso rincón europeo no hall principal cun paneis informativos, unha pequena exposición dos proxectos europeos levados a cabo ata o momento e un pequeno resumo das actuacións proxectadas para este curso.

Haberá tamén uns concertos nos recreos. Estamos a disposición da comunidade durante os recreos para aclarar calquer dúbida.

 



page | by Dr. Radut