Skip to Content

-

SELO DE VIDA SAUDABLE

                         

A finais do mes de xuño, o Ministerio de Educación concedeunos o Selo de Vida Saudable, un dos 50 concedidos a centros de todo o país; o seu logo xa forma parte da nosa identidade.

 É un obxectivo prioritario para o centro traballar na educación en saúde, sostibilidade e medio ambiente, para  formar cidadáns responsables e comprometidos co seu coidado persoal, co seu entorno e co futuro do planeta.

O deporte, o ocio activo, a prevención e promoción para a educación en saúde e as iniciativas de educación ambiental seguirán sendo obxectivos prioritarios este curso. Temos xa unha persoa que coordina este ámbito e xa se están desenvolvendo as primeiras medidas.

Animamos a toda a comunidade, familias e administracións locais a sumarse ás iniciativas propostas polo centro e implementar máis actuacións.

Así apareceu a nova na prensa:

La Región:https://www.laregion.es/articulo/ourense/ies-lagoas-unico-centro-sello-vida-saludable/202307042227041231464.html

 

Faro de Vigo: https://www.farodevigo.es/ourense/2023/07/08/ies-as-lagoas-sello-vida-89615328.html



page | by Dr. Radut