Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz

ies.allariz@edu.xunta.gal

988 788 001

AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

Publicada a convocatoria de axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2024/2025. 

PRAZO DE SOLICITUDE: 30 de abril o 13 de setembro de 2024.

O proceso de solicitude realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

Máis información

O alumnado galego que estude portugués no seu centro educativo poderá acreditar o seu nivel lingüístico de xeito gratuíto

Trátase dun acordo pioneiro do que se poderán beneficiar estudantes de 4º de ESO e 2º de Bacharelato

Farán as probas Camões Júnior desde os seus propios centros e poderán certificar os niveis A1, A2 e B1

 

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/43653

Graduación 4º ESO

O pasado venres tivemos o acto de graduación de 4º ESO da promoción 2020-24 con moita presenza dos seus familiares, amigos e profesores; na que brotou algunha que outra bágoa de emoción contida...

 

Acto de Graduación de 2º Bacharelato

O pasado venres 7 de xuño, o noso alumnado de 2º Bacharelato celebrou o seu acto de graduación nun ambiente moi agradable e relaxado despois da ABAU...

Parabéns e moita sorte no voso futuro!!!

Parque Acuático Amarante 2024

Como previo dos Recreos Activos desenvolvidos ao longo do curso, alumnado do noso centro disfrutou dunha xornada no Parque Acuático de Amarante (Portugal)

Así que, xa sabedes!! No próximo curso non deixes de participar nos Recreos Activos!!

Excursión ao Courel

O alumnado de 3º ESO do IES de Allariz, participou o 6 de xuño de 2024, nunha excursión ao Courel, organizada polo departamento de Lingua e Literatura Galega, xunto co de Bioloxía e Xeoloxía. Esta saída incluíu as seguintes actividades: visitas guiadas aos museos xeolóxico e etnográfico de Quiroga, observación do pregamento de Campodola,  así como dúas rutas, unha desde Folgoso ata a fervenza de Rexío,  e outra polo Val das Mouras. O propósito da mesma foi familiarizar ao alumnado co patrimonio cultural, paisaxístico e xeolóxico do xeoparque Montañas do Courel.

Este vídeo realizárono dúas alumnas de 3º ESO: Naia Conde e María Soto.

Éxito do 1º proxecto acreditado Erasmus + do IES de Allariz

O IES de Allariz celebrou o éxito do seu primeiro proxecto Erasmus, alcanzando unha calidade excelente nos obxectivos do Plan establecidos ata 2027. O proxecto enfocouse na mellora da educación, a dixitalización do centro e a promoción da aprendizaxe en múltiples linguas. Neste proxecto, tres profesoras realizaron cursos de inglés para mellorar as súas competencias linguísticas e un grupo de oito estudantes de 1º de bacharelato, acompañado dunha docente e da directora, realizaron unha mobilidade de curta duración do 14 ao 21 de abril no Liceo Giacomo Ulivi, en Parma (Italia).

Distribuir contido

Eventos

« Xullo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031
Punto Laranxa contra o acoso escolar

 

abalar

Portal das Palabras

PARTICIPAMOS NO

Enderezo para solicitar
impresións e fotocopias:

fotocopias@iesallariz.gal

 

Bibliotecas escolares

 

Educare