Saltar navegación

Olfacto: percibimos olores

Cómo ulimos

Procedementos para detectar os olores:

Para poder percibir un olor, este ten que ser volátil, é dicir, só percibimos vapores que ademáis teñen que permitir disolverse na mucosidade do nariz para chegar ata as células olfatorias da pituitaria amarela.

Estes vapores entran polo orificio nasal, ata as cavidades ou fosas nasais.

As fosas nasais están cubertas por unha pel moi sensible chamada pituitaria. Concretamente, é a pituitaria amarela, que se atopa na parte superior das fosas nasais, a que ten as células olfatorias.

Os vapores disólvense na mucosidade e chegan as células olfativas que recollen as sensacións olorosas, transfórmanas en impulsos eléctricos e trasládanas ata o bulbo olfativo.

O bulbo olfativo recolle os impulsos eléctricos das células olfativas e trasládaos a través do nervio olfativo ata a corteza cerebral, onde se interpretan e convirten en olores.

Co sentido do olfato percibimos múltiples olores. Distintas investigacións intentaron facer unha clasificación de olores primarios (puros) e secundarios (mezcla de olores), sen lograr unha clasificación satisfactoria.

O sentido do olfacto está relacionado co sentido do gusto. Tal como observamos nas distintas imaxes, a boca e a cavidade nasal están comunicadas.

Cando comemos e mastigamos, os alimentos liberan aromas que chegan ata o nariz e que de ser agradables fan que nos guste o menú.

Imaxes:Sergio Palao (CC BY-SA)