Saltar navegación

Coidados do olfacto

Hixiene, protección, coidados...

Procura respirar sempre polas fosas nasais. Evitarás arresfriados e conxestións nasais.

Para limpar os mocos expulsa o aire por unha fosa mentras presionas a outra. Nunca presiones  ou expulses o aire polas dúas xuntas.

Aséate con un pano limpo ou papel suave.

Non introduzas nin os dedos nin obxectos nas fosas nasais, nin siquera pauciños de algodón. Podes empregar chorros de auga salina ou soro fisiolóxica para facilitar a limpeza.

Inhalar vapores de eucalipto cando teñas unha conxestión facilitará a expulsión da mucosidade excesiva.

Se sangras polo nariz ocasionalmente, non te alarmes. Séntate e presiona as fosas nasais uns minutos. Mesmo podes empregar xeo ou unha compresa de auga fría sobre as fosas nasais. Se o sangrado é repetitivo, consulta un/ha médico especialista.
Non reprimas os esbirros. Son debidos a irritacións das fosas nasais por po, olores fortes ou alerxias. Procura, eso si, facelo sobre un pano, sen molestar a ninguén.

Non te expoñas durante moito tempo a cheiros fortes nin inspires aire en ambientes contaminados, fumes ou sustancias perxudiciais para a saúde.

Nalgúns ambientes é conveniente empregar mascariñas protectoras.

Rinoplastia. Debido a accidentes podemos sufrir unha rotura ou desviación do tabique nasal, polo que teremos dificultades para respirar e necesitaremos unha rinoplastia.

Coa idade, os cornetos poden medrar e impedir o paso normal do aire, provocando ronquidos ou apneas durante o sono. (Apnea= momentos sen respiración).

Acude a un/ha especialista, otorrinolaringólogo/a, para consultar as molestias do sentido do olfacto.
Imaxes:Sergio Palao (CC BY-SA)