Quen somos e que queremos

TECENDO CÓDIGO somos 3 profesores de Tecnoloxía de Vigo: Begoña, Daniel e Peregrina.


O noso obxectivo con esta páxina é dar unha puntada para que o téxtil poda ser considerado no eido educativo unha cultura e unha tecnoloxía de pleno dereito, fundamental na historia das civilizacións e na formacións das persoas.

Relacionados co téxtil temos case que todos os temas que consideramos tecnolóxicos: materiais, mecanismos, máquinas, electrónica, programación, deseño...

Aquí atoparedes recursos técnicos e tecnolóxicos relacionados co curriculum da materia de Tecnoloxía na ESO.

TECENDO CÓDIGO está adicado á memoria das nosas avoas, traballadoras infatigables do téxtil (laboral algunhas, doméstico todas) pola época na que viviron pero que seguramente, nin elas nin a súa sociedade (nin a nosa, polo momento) consideraron nunca o carácter tecnolóxico e artístico das súas labores.


Última modificación: Domingo, 26 de Xuño de 2022, 20:11