My family_ Term 1

Benqueridas familias,

Precisamos a vosa colaboración na realización da seguinte tarefa. Trátase de preparar o soporte visual para unha presentación oral en lingua inglesa. Comezaremos por algo sinxelo. Este trimestre os cativos falarán da súa familia. Un tema que dominan e posiblemente sexa do seu agrado.

Nesta cartolina o alumando pode pegar algunhas fotografías ou debuxos dos pais, irmáns, curmáns, avós... e engadir debuxos ou información . Algo sinxelo: nome, idade, cor favorita, ... catro ou cinco items.

  • Na clase practicaremos as oracións.

This is my father. His name is ...... He is ....... years old. He likes (apples). His favourite colour is... (blue)

This is my mother. Her name is ...... She is ....... years old. He likes (apples). Her favourite colour is... (blue)

O importante é que todos participen e pouco a pouco collan maior soltura falando en inglés.

IMPORTANTE non escribir frases, trátase de que falen, non que lean.

Vocabulary: father, mother, sister, brother, grandma, grandpa, cousin, aunt, uncle, dog/cat...

Na cartolina podería aparecer algo así: Unha foto do pai/tio..., co nome, unha cor, un número representando a idade e un obxecto ou animal que lle guste (algo doado). 

A data límite de entrega é o 20 de  novembro de 2020

Moitas grazas pola súa colaboración.

Reciban un cordial saúdo.

A mestra de lingua estranxeira.

Last modified: Friday, 19 February 2021, 6:33 PM