Tarefa 1. Facer un traxe partindo dun patrón

Escolle un patrón e a boneca/animal para o que queres deseñar o teu traxe:

  1. Mide a túa boneca ou animal e anota as medidas nunha ficha técnica de medidas para patronaxe.
  2. Abre o patrón en formato vectorial (.svg) e modifica as medidas para que se axusten á ficha de medidas
  3. Abre a ficha técnica de patronaxe e modifica as medidas.
  4. Exporta o patrón en pdf e imprime o patrón en papel, recórtao e emprégao para cortar a tela.
  5. Seguindo as instruccións da ficha técnica cose o traxe.
Garda nesta tarefa o patrón modificado en pdf e unha foto do traxe vestido na modelo.