GUÍA PARA A DIVERSIFICACIÓN DE ESPAZOS EDUCATIVOS NA ESO DENDE UNHA PERSPECTIVA INCLUSIVA, IGUALITARIA E INTERDISCIPLINARIA
ENFOQUE STEAM. ROMPENDO A FENDA DE XÉNERO
“A imaxinación é a facultade de descubrir, de xeito preeminente. É aquelo que penetra nos mundos invisibles que nos rodean, os mundos da ciencia.”
A autora desta fermosa cita e Ada Lovelace, considerada hoxe en día a primeira persoa programadora da historia; pero tiveron que pasar innumerables anos dende o seu falecemento para que se lle recoñecera dito prestixio. Sendo, así, un de tantos exemplos de aportacións de mulleres ao campo STEAM que quedaron esquecidos ou apartados.
A través deste módulo, achegarémonos a importancia do enfoque STEAM na aproximación do alumnado á resolución de problemas da vida real, non perdendo de vista o enfoque de xénero que permita ás estudantes fomentar o seu interese, así como, poñer en relación e materializar a ciencia coa vida cotiá na procura de solucións que incidan na calidade de vida e no benestar.
Primeiros pasos
Información
Posta en práctica
Para saber máis