GUÍA PARA A DIVERSIFICACIÓN DE ESPAZOS EDUCATIVOS NA ESO DENDE UNHA PERSPECTIVA INCLUSIVA, IGUALITARIA E INTERDISCIPLINARIA
APROPIACIÓN DE ESPAZOS. ROMPENDO OS LÍMITES DA AULA
“O fundamental cometido da arquitectura é o aloxamento e a integración. A arquitectura articula as experiencias do ser-no-mundo e fortalece o noso sentido da realidade e do eu”. Así definía o arquitecto finés, Juhani Pallasmaa, a razón de ser da arquitectura. E Steven Holl, arquitecto estadounidense, tamén falaba de que “a arquitectura ten o poder de inspirar e transformar a nosa experiencia do día a día”.
E pese a que como docentes non somos en si profesionais da arquitectura ou da construción, si que temos a capacidade de modificar os espazos, de vivilos e, sobre todo, de xerar experiencias neles a través da construción de contornas de aprendizaxe.
Neste bloque achegarémonos á inclusión e ao respecto pola diversidade na ocupación do espazo, a aquelas ferramentas que permitan introducir cambios para lograr espazos amables a acolledores para o alumnado e animarémosvos a romper os límites da aula como contedor único de aprendizaxes e saberes.
Primeiros pasos
Información
Posta en práctica
Para saber máis