GUÍA PARA A DIVERSIFICACIÓN DE ESPAZOS EDUCATIVOS NA ESO DENDE UNHA PERSPECTIVA INCLUSIVA, IGUALITARIA E INTERDISCIPLINARIA
COMPETENCIA GLOBAL
"O simple movemento das ás dunha bolboreta pódese sentir no outro lado do mundo"
Este proverbio chinés foi empregado polo matemático e meteorólogo Edward Lorenz para explicar a teoría do caos, segundo a cal, un pequeno cambio pode provocar un efecto considerable e imprevisible.
Dentro da sociedade actual, cada vez máis complexa, dinámica e interconectada, accións desenvolvidas no plano local terán un impacto a nivel global. Nese sentido, a competencia global representa o necesario instrumento que permite a toma de conciencia e a busca de solucións a problemas relacionados co desenvolvemento sostible e coas desigualdades e inxustizas sociais que afectan á comunidade global.
Este novo bloque vai permitir afondar en diferentes mecanismos para a adopción de perspectivas diversas e interaccións en diferentes espazos ao abeiro de valores de respecto, tolerancia, igualdade e inclusión que contribúen a propiciar a inmersión do alumnado no mundo que o rodea.
Primeiros pasos
Información
Posta en práctica
Para saber máis