• METODOLOXÍAS

    “Rompamos, pois, os muros da clase. Levemos o neno ao campo, ao taller, ao museo… Ensinémoslle a realidade na realidade antes que nos libros e entren na clase só para reflexionar e para escribir o que no seu espírito permaneza ou nel brotase…”

    Con esta reflexión, Manuel Bartolomé Cossío (1857-1935), pedagogo e unha das figuras fundamentais da Institución Libre de Ensinanza anunciaba a necesaria ruptura co modelo de transmisión de coñecementos a prol da autonomía do alumnado, construtor da súa propia aprendizaxe e inmerso en diferentes escenarios que o conecten coa realidade e promovan o pensamento crítico.

    Semella que, por fin, máis dun século despois os organismos competentes en materia de educación a nivel europeo, impulsados polo complexo avance da sociedade, comprometéronse a impulsar o cambio nos países membros. Os centros educativos deben estar preparados para asumilo enfrontándose a novas metodoloxías que empurren a docentes e alumnado a romper para sempre os muros das aulas.

INTRODUCIÓNCOMPETENCIA GLOBAL