CICLO FORMATIVO GRADO SUPERIOR DA ESCOLA OFICIAL NÁUTICO PESQUEIRA DE RIBEIRA

 

CICLOS FORMATIVOS DE GRADO SUPERIOR. RAMA MARÍTIMO PESQUEIRA. 

 Podes acceder ao ciclo de grado superior cando reúna algún dos seguintes requisitos:

Requisitos de acceso:

  • Estar en posesión do Título de Bacherelato, o dun certificado acreditativo de ter superado todas as materias do Bacharalato.
  • Estar en posesión do Título de Bacharalato Unificado Polivalente (BUP).
  • Superar ou segundo curso de calquera modalidade de Bacharelato experimental.
  • Estar en posesión dun Título de Técnico (Formación Profesional de Grado Medio)*.
  • Estar en posesión dun Título de Técnico Superior, Técnico Especialista ou equivalente a efectos académicos.
  • Superar o Curso de Orientación Universitaria (COU).
  • Estar en posesión de calquera Titulación Universitaria ou equivalente.

 * Sempre que a demanda de prazas en ciclos formativos de grao superior supere a oferta, as Administracións educativas poderán establecer procedementos de admisión ao centro docente, de acordo coas condicións que o Goberno determine regulamentariamente.

Acceso mediante proba (para quenes non teñan algun dos requisitos anteriores):

  • Superar a proba de acceso a ciclos formativos de grao superior (requírese ter polo menos 19 anos no ano que se realiza a proba ou 18 para quen posúe o título de Técnico).
  • Superar a proba de acceso á Universidade para maiores de 25 anos.