CURSOS MARIÑEIRO/A PESCADOR/A (TELEFORMACIÓN). CURSO ACADÉMICO 2023-24

  

 

MARIÑEIRO/A PESCADOR/A (TELEFORMACIÓN ) 
CURSO PREMATRíCULA MATRíCULA DATA INICIO DATA FINALIZACIÓN DATA DE EXAME

 

       

Dende as 08:00 do 21/11/2023

ata as 14:00 do 21/12/2023

10 días NATURAIS a partir do día seguinte ao da publicación da listaxe provisional de admitidos

no portal web de teleformación da Consellería do Mar. A relacion das persoas admitidas será establecida

en función da hora e do día da prematrícula.

23/01/2024 05/03/2024

Pendente

  

     

   

 

  2. INSTRUCIÓNS PARA OS CURSOS DE MARIÑEIRO PESCADOR ON LINE:

  a) A solicitude de prematrícula realizarase a través da páxina web de teleformación da Consellería do Mar, dentro das datas marcadas para cada curso. O enlace web é o que figura no apartado d). É imprescindible que o alumno estea rexistrado antes de realizar ningún trámite. Non se aceptará a prematrícula en máis dun centro . No caso de darse esta situación a dita prematrícula causará baixa neste Centro.

  b) A matrícula realizarase dentro dos 10 días naturais contados a partires do día seguinte ao que se fai pública a listaxe provisional das persoas admitidas no curso, no portal web de formación da Consellería do Mar. A relación das persoas admitidas será establecida en función da hora e do día da prematrícula.

  c) Os exames e a proba de natación realizaranse de maneira presencial no Centro e na piscina asignada ao respecto.

Para realizar a proba de natación o alumnado deberá dispor do DNI ou NIE, bañador, chanclas, gorro de natación e toalla.

  d) A data e a hora do exame será publicada na plataforma de formación da Consellería do Mar.

 URL: https://mar.xunta.gal/gl/formacion/informacion-do-alumnado/teleformacion

  e) A relación das persoas admitidas será a establecida en función da hora e do día da prematrícula.

  f) Crearase unha listaxe de reserva por rigorosa orde de prematrícula a partires da última persoa admitida no curso.

Esta listaxe poderá ser empregada no caso de producirse baixas na matrícula do curso.

  g) Número de prazas ofertadas por curso: 60

 

Taxa: código 30.19.00

Consellería do Mar: código 12

Servizos Centrais: código 13

Servizo de Ensino e Titulacións Náutico Pesqueiras: código 05

 

 

 

 

 

 

 

Ligazón dirixida a AULA VIRTUAL para coñecer as atribucións, desenvolvemento do curso e normativas.