CURSO PATRÓN/PATROA COSTEIRO/A POLIVALENTE

 Datas e cualificacións dos cursos de Patrón/Patroa Costeiro/a Polivalente. 2022-2023

CURSO DE PATRÓN/PATROA COSTEIRO/A POLIVALENTE EN MODALIDADE PRESENCIAL
CURSO DATA DE MATRÍCULA DATA DE INICIO DATA DE FINALIZACIÓN HORARIO EXAME

Sección

máquinas

       

 

Sección

Ponte

         

   

 

 

 

 

  1. INSTRUCIÓNS PARA O CURSO:

  a)  A realización do curso está supeditada a un número mínimo de 10 persoas matriculadas.

  b)  O número máximo de alumnos/as para o curso será de 20.  

   c)  No caso de non acadar as prazas mínimas necesarias, farase unha reprogramación para subseguintes cursos.

  d)  Respectando o rigoroso orde de entrada de solicitudes, durante o prazo de matrícula terán acceso e dereito a realizar o curso os primeiros 20 alumnos/as matriculados. Non obstante, admitiranse a maiores un máximo de cinco persoas pre-inscritas que quedarán en situación de reserva para cubrir aquelas baixas que se produzan.

  e)  Cando algunha das persoas matriculadas nun curso non poda asistir, deberá comunicalo coa maior brevidade posible á secretaría deste centro, co fin de non prexudicar ás persoas que se atopan pre-inscritas en situación de reserva para cubrir aquelas baixas que se produzcan.

  f)  No caso do curso de Patrón Costeiro Polivalente (PCP), a selección dos admitidos manterá a prioridade daquelas persoas que teñen pendente unha sección do mesmo ano ou do ano anterior. A selección das prazas vacantes será por rigoroso orde de entrada de solicitudes.

  g)  As datas de comezo e finalización dos cursos, así como os horarios, poden estar suxeitos a modificacións que, no seu caso, serán debidamente comunicadas.

  h)  Se por razóns xustificadas o horario do curso sofre algunha modificación, as persoas matriculadas serán avisadas con antelación.

   i)  A solicitude e documentación necesaria para a matricula é a establecida no artigo 7 da Orde do 31 de xullo de 2014, que deberá presentarse preferentemente por vía electrónica, aínda que tamén pode presentarse en soporte papel. O modelo de solicitude figura no anexo II desta Orde (PE 607C).

 

 

  

 

Ligazón dirixida a AULA VIRTUAL para coñecer as atribucións, desenvolvemento do curso e normativas.