Organización do Mantemento de Maquinaria de Buques e Embarcacións

Nivel: Formación Profesional de GRAO SUPERIOR

Duración: 2000 horas

Familia Profesional: Marítimo-Pesqueira

Referente europeo: CINE-5b (Clasificación Internacional Normalizada da Educación).

Nivel do Marco Español de Cualificacións para a educación superior: nivel 1; técnico superior.

Módulos Profesionais deste Ciclo:

Código MP

Módulos de PRIMEIRO CURSO

Horas

MP0179

Inglés

160

MP0802

Organización da Asistencia Sanitaria a Bordo

53

MP1308

Organización do Mantemento de Planta Propulsora e Maquinaria Auxiliar de Buques

240

MP1309

Organización do Mantemento en seco de Buques e Embarcacións, e Montaxe de Motores Térmicos

213

MP1311

Organización do Mantemento e da Montaxe de Instalacións e Sistemas Eléctricos de Buques e Embarcacións

187

MP1316

Formación e Orientación Laboral

107

Código MP

Módulos de SEGUNDO CURSO

Horas

MP0800

Control das Emerxencias

157

MP1310

Programación e Mantemento de Automatismos Hidráulicos e Pneumáticos en Buques e Embarcacións

157

MP1312

Organización do Mantemento e da Montaxe de Instalacións Frigoríficas e Sistemas de Climatización de Buques e Embarcacións

157

MP1313

Planificación do Mantemento de Maquinaria de Buques e Embarcacións

53

MP1314

Organización da Garda de Máquinas

53

MP1317

Empresa e Iniciativa Emprendedora

53

MP1315

Proxecto de Organización do Mantemento de Maquinaria de Buques e Embarcacións

26

MP1318

Formación en Centros de Traballo

384

  

Que se aprende a facer?

A competencia xeral deste título consiste en organizar e supervisalos traballos de mantemento da planta propulsora, maquinaria auxiliar e servizos do buque, a partir da información técnica, así como organizar o servizo de mantemento e montaxe deses elementos en embarcacións en terra, definindo recursos, dirixindo equipos humanos, e organizando e realizando as gardas de máquinas, segundo o establecido nos convenios internacionais STCW e STCW-f e na lexislación, e realizar as tarefas de mantemento, regulación e control asignadas, utilizando con destreza as técnicas e os procedementos establecidos, para garantir a seguridade da travesía, en condicións de calidade e seguridade laboral e ambiental definidas.

 

En que ámbitos se traballa?

As persoas que obteñan este título exercerán a súa actividade como oficial de máquinas, primeiro/a oficial e xefe/a de máquinas en buques e embarcacións civís e de pesca, coas limitacións de tonelaxe, potencia de motores e cantidade de pasaxe establecidos na lexislación, así como en empresas públicas ou privadas de calquera tamaño dedicadas á construción, a reparación e o mantemento navais, por conta propia ou por conta allea. Así mesmo, poderán empregarse, por conta propia ou allea, en pequenas e medianas empresas de natureza tanto pública como privada dedicadas á construción e ao mantemento de embarcacións deportivas e de recreo, segundo a normativa. En determinadas circunstancias, cumprirá facer uso da lingua inglesa como vehículo de comunicación.

 

Que ocupacións se desempeñan?

Xefe/a de máquinas. Oficial de máquinas ou primeiro/a oficial de máquinas. Inspector/ora en empresas pesqueiras. Xefe/a de equipo de mantemento electromecánico de instalacións de industrias manufactureiras. Xefe/a de equipo de instalación e mantemento de instalacións frigoríficas e sistemas de climatización. Xefe/a de taller de sistemas de propulsión e goberno de embarcacións deportivas e de recreo. Encargado/a de taller de sistemas de propulsión e goberno de embarcacións deportivas e de recreo. Xefe/a de taller de sistemas eléctrico-electrónicos de embarcacións deportivas e de recreo. Xefe/a de taller de sistemas de frío e climatización, e de servizo de fluídos de embarcacións deportivas e de recreo. Perito/a taxador/a de embarcacións deportivas e de recreo.

 

Que título se obtén?

  • Titulación Académica: Técnico Superior en Organización do Mantemento de Maquinaria de Buques e Embarcacións.
  • Titulación Profesional: Mecánico/a Maior Naval.

Consultalas atribucións e os requisitos de obtención

 

A que outros estudos se pode acceder?

Este título permite o acceso directo a calquera ciclo formativo de grao medio ou superior. Tamén é posible obter o título de bacharelato matriculándose e superando unicamente as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelato elixida, e a materia de Lingua Galega e Literatura. Así mesmo, é posible acceder a calquera ensinanza universitaria de grao, de modo directo, sen necesidade de proba. Se o título universitario tivese limitación de prazas o acceso farase tendo en conta a nota media do ciclo formativo.

 

Normativa

Currículo do Ciclo Formativo.

Real Decreto 36/2014, do 24 de xaneiro, polo que se regulan os títulos profesionais do sector pesqueiro.