Mecánico/a Maior Naval

O título profesional de mecánico maior naval é un título de competencia de acordo co establecido nas reglas III/1 e III/3 do anexo do Convenio STCW e nas seccións A-III/1 e A-III/3 do código STCW.

ATRIBUCIÓNS para a PESCA

REQUISITOS para obtelo Título Profesional [Mecánico Maior Naval]

  • Haber cumplido 20 anos de idade.
  • Estar en posesión do título Académico (Técnico Superior en Organización do Mantemento de Maquinaria de Buques e Embarcacións).
  • Superalo recoñecemento médico de embarque marítimo realizado polo ISM ou dispoñer dun impreso oficial, expedido por un Centro de Recoñecemento de Conductores (CRC), no que se certifique a aptitude psicofísica de acordo cos requisitos esixidos para a expedición do permiso ordinario de conducir.
  • Haber prestado servicio na cámara de máquinas dun buque civil, en calidade de alumno ou mariñeiro, durante un período embarque non inferior a 12 meses, dos cales polo menos 6 meses houbera desempeñado actividades de garda de máquinas. Este período poderá reducirse a 6 meses como mínimo (formación especial equivalente establecida polo Ministerio).
  • Estar en posesión dos seguintes certificados de suficiencia:

                  - Formación básica en seguridade.

                  - Embarcacións de supervivencia e botes de rescate non rápidos.

                  - Avanzado en técnicas de loita contra incendios (para buques pesqueiros de eslora > 50 metros).

CONDICIÓNS dos buques para acreditalos períodos de embarque

  • Buques civis españois ou extranxeiros, de potencia superior a 500kW.
  • No caso de revalidación, serán válidos ademáis os embarcos en buques da lista octava (buques e embarcacións de organismos públicos) ou buques de guerra.

INFORMACIÓN

ATRIBUCIÓNS para a MARIÑA MERCANTE

REQUISITOS para a expedición do Título Profesional e da Tarxeta profesional [Mecánico Maior Naval da Mariña Mercante]

  • Haber cumplido 18 anos de idade.
  • Estar en posesión do título Académico de Técnico Superior en Organización do Mantemento de Maquinaria de Buques e Embarcacións ou de outro título de técnico superior que o sustitúa, recoñecido neste ámbito.
  • Haber cumplido unha combinación de 12 meses de formación, composta por un periodo de embarco de 9 meses, a lo menos 6 deles como alumno de máquinas con cometidos relacionados coa garda de máquinas, e un periodo de formación no emprego en terra de taller de 3 meses. Toda a combinación se levará a cabo nas condicións reguladas no capítulo III, sección 2ª, e no anexo I para este título, e conforme o disposto nas seccións A-III/1 e A-III/3 do Código STCW.
  • Haber superado a proba de idoneidade profesional determinada conforme as normas de competencia das seccións A-III/1 e A-III/3 do código STCW.
  • Estar en posesión dos seguintes certificados de suficiencia:

                  - Formación básica en seguridade.

                  - Embarcacións de supervivencia e botes de rescate non rápidos.

                  - Avanzado en técnicas de loita contra incendios.

                  - Formación sanitaria específica inicial.

CONDICIÓNS dos buques para acreditalos períodos de embarque

Aplicable ós periodos de embarco esixidos para a expedición de títulos profesionais e para a expedición e revalidación de tarxetas profesionais e certificados de suficiencia.

  • Os periodos de embarco efectuaranse en buques mercantes que non sexan de navegación interior, agás que esté normativamente permitida a súa realización en outros buques civiles que non sexan de navegación interior y cuias dotacións cumplan co Convenio STCW. Tódolos buques anteriores poderán ser de navegación interior cando a normativa o permita.
  • O período de embarco como alumno para a obtención das novas tarxetas profesionais do departamento de máquinas poderá ser sustituido por unha combinación composta dun periodo de embarco e formación no emprego en terra de taller de duración non inferior a 12 meses, para o que se admitirán os periodos de embarco como xefe ou oficial de máquinas en buques mercantes de potencia > 750 kW.
  • Os periodos de embarco non serán válidos para a expedición ou a revalidación dun título transcurridos 5 anos dende a súa finalización.
  • Para a expedición serán válidos os embarques en buques mercantes de potencia > 750 kW ou en buques civiles de potencia > 750kW (este último caso sempre que a normativa o permita).

INFORMACIÓN