Skip to Content

bloque-estilos

2º BAC

2º BAC

Temporalización:

O curso comeza na última semana de setembro e remata ao inicio da segunda quincena de maio.

As titorías lectivas (“clases”) son os martes e os xoves de cada semana en quendas de mañá ou de tarde.

Os horarios do curso publícanse en setembro.

Materias comúns a todas as opcións de 2ºBAC:

As materias comúns son:

            Lingua Galega e Literatura II.

            Lingua Castelá e Literatura II.

            Primeira lingua estranxeira II: escóllese entre Inglés, Francés e Portugués.

            Historia de España.

            Historia da Filosofía.

 Materias segundo as opcións:

     Na opción de Ciencias:

            Obrigatoria: Matemáticas II

            A escoller dúas:

            Bioloxía

            Xeoloxía e ciencias ambientais

            Debuxo Técnico II

            Física

            Química

      Na opción de Humanidades:

            Obrigatoria: Latín II

          A escoller dúas:

            Historia da Arte

            Grego II

            Empresa e deseño  de modelos de negocio

            Xeografía

            Matemáticas aplicadas ás ciencias sociais II.

    Na opción de Ciencias Sociais:

            Obrigatoria: Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais II.

           A escoller dúas:

  •   Historia da Arte

      Grego II

            Empresa e deseño de modelos de negocio

            Xeografía

            Latín II

  Materias optativas:

           Hai que escoller unha entre as seguintes materias:

            2ª lingua estranxeira II: Francés

            2ª lingua estranxeira II: Portugués

            Tecnoloxías da Información e a Comunicación II (TIC II).

            Unha materia de opción non escollida.

Cualificacións:

Unha materia superada en calquera das convocatorias queda permanentemente superada e non se cursará de novo.

En 2º BAC existen as convocatorias de maio (ordinaria) e de xuño (extraordinaria).

Titulación:

Cando se supera todo o Bacharelato debe solicitarse a expedición do título de Bacharel, para o que deben pagarse unhas taxas. A solicitude debe facerse na oficina do centro.

O título permite o acceso a ciclos de formación profesional de grao superior e a graos universitarios, aínda que neste caso debe superarse a ABAU.

No caso de ensinanzas artísticas, consulte co centro onde se imparten ditos graos o modo de acceso, xa que en moitos deles é necesario unha proba de acceso específica.

 

Volver ao inicio de Oferta educativa

Distribuir contido


by Dr. Radut