Skip to Content

bloque-estilos

1º BAC

1º BAC

Temporalización:

O curso comeza na segunda quincena de setembro e remata na 3ª semana de xuño.

As titorías lectivas (“clases”) son os luns e os mércores de cada semana en quendas de mañá ou de tarde.

Os horarios do curso publícanse en setembro.

Materias comúns a todas as opcións de 1ºBAC:

As materias comúns son:

      Lingua Galega e Literatura I.

      Lingua Castelá e Literatura I.

      Primeira lingua estranxeira I: escóllese entre Inglés, Francés e Portugués

      Filosofía.

      Educación Física.

  Materias segundo as opcións:

      Na opción de Ciencias:

            Obrigatoria: Matemáticas I

          A escoller dúas:

            Bioloxía, Xeoloxía e CC. medioambientais.

            Debuxo Técnico I

            Física e Química

       Na opción de Humanidades:

            Obrigatoria: Latín I

          A escoller dúas:

            Historia do Mundo Contemporáneo
            Literatura Universal
            Grego I
            Economía, emprendemento e actividade empresarial.

       Na opción de Ciencias Sociais:

            Obrigatoria: Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais I

            A escoller dúas:

            Historia do Mundo Contemporáneo
            Literatura Universal
            Grego I
            Economía, emprendemento e actividade empresarial.

Materias optativas:

         Hai que escoller unha entre as seguintes materias:

            2ª lingua estranxeira I: Francés
            2ª lingua estranxeira I: Portugués
            Anatomía Aplicada
            Tecnoloxías da Información e a Comunicación I (TIC I)

            Unha das non escollidas de opción.

 

Cualificacións:

Unha materia superada en calquera das convocatorias queda permanentemente superada e non se cursará de novo.

En 1º BAC existen as convocatorias ordinaria e extraordinaria, ambas en xuño. O alumnado de 2º con materias de 1º ten a opción de examinarse a finais de abril das materias de 1º para ter a opción de ir á convocatoria ordinaria das ABAU.

 

Volver ao inicio de Oferta educativa

Distribuir contido


by Dr. Radut