Skip to Content

ESA: Probas libres. Horarios, Normas, Avaliación e Validación das probas

Horario e estructura das probas

Os prazos de matrícula e as datas dos exames dependen da convocatoria que cada ano se publica no DOG.

As probas organízanse nunha xornada en sesións de mañá e tarde:

Sesións Horario Ámbito de Coñecimento

Mañá

 9,30 - 12,30 CIENTÍFICO-TECNOLÓXICO
Áreas: Ciencias da natureza + Matemáticas + Tecnoloxía 
 12,30 - 14,00 SOCIAL
Áreas: Ciencias Sociais, Xeografía e Historia + Cidadania + Música, Plástica e Visual

Tarde

 16,00 - 19,45

COMUNICACIÓN
Áreas: Lingua Castelá e Literatura + Lingua Galega e Literatura + Lingua Estranxeira

Normas para os exames neste centro

  1. É obrigatorio presentar o DNI para facer o exame.
  2. O alumnado non pode abandonar a aula até transcurridos 15 minutos. Unha vez saia algún alumno/a da aula non pode entrar máis ninguén.
  3. Os alumnos deberan apagar os seus teléfonos e depositalos, xunto cos libros, guías e libretas no lugar que lle indique o profesor.
  4. Os xustificantes de asistencia a un exame deben solicitarse ao profesorado responsábel do mesmo, na propia aula.
  5. As cualificacións recolleranse na Conserxaría. Non se dan telefonicamente.

Avaliación e Validación das probas

  1. Os exames serán avaliados por tribunais constituídos por un Inspector de Educación, como Presidente, e catro vocais, profesores do corpo de Educación Secundaria preferentemente de Educación de Adultos (funcionarios en activo) designados polo Delegado/a Provincial.
  2. O equipo de profesores que compoña o tribunal actuará de maneira colexiada para establecer a cualificación de cada un dos grupos de áreas que integran as probas. O tribunal, en caso de dúbidas, poderá convocar o aspirante a unha entrevista para aclarar posibles dúbidas sobre a valoración dalgún grupo de áreas.
  3. Aqueles aspirantes para os que o tribunal determine que non procede a proposta de expedición do título de graduado en educación secundaria por non teren acadados os obxectivos xerais desta etapa nun grao suficiente conservarán para sucesivas convocatorias as cualificacións positivas obtidas nos termos de suficiente, ben, notable e sobresaliente nos distintos grupos de áreas superados. Tales cualificacións deberán ser tidas en conta polos tribunais en sucesivas convocatorias, polo que non será necesario que o alumno volva realizar as probas dos grupos superados para proceder á proposta do título de graduado en educación secundaria.
  4. Os aspirantes que acrediten ter superado algún grupo de materias nas probas libres para a obtención do título de graduado en educación secundaria dos anos anteriores quedarán eximidos da realización da proba nos grupos de materias avaliados positivamente.
  5. Os aspirantes que acrediten ter superadas algunhas áreas de Educación Secundaria Obrigatoria ou Módulo 4 nos diferentes ámbitos de educación secundaria de adultos recollidos no Anexo III quedarán dispensados da realización da proba naqueles grupos de áreas avaliadas positivamente.
  6. Entregarase unha papeleta aos aspirantes aprobados nun/s grupo/s ou unha certificación do Graduado en E.S.A, no caso de aprobar tódolos grupos. O título oficial tardará en ser expedido sobre dous anos.


page | by Dr. Radut