Skip to Content

ESA: Probas libres. Condicións, Período de Matrícula e Documentación

Período de Matrícula e Datas de exame de 2022

Período de Matrícula: do 7 ao 17 de Marzo 2022

Convocatoria 1ª (maio): 
    Data do exame: 20 DE MAIO

Convocatoria 2ª (setembro):

 


REQUISITOS DOS ASPIRANTES
1. Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.
2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.
3. Non estaren nin teren estado matriculados no curso 2021/2022 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.
4. O alumnado matriculado durante o curso 2021/2022 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente renuncia á avaliación extraordinaria do 1º cuadrimestre e solicita a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre.

 


 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA REALIZAR A MATRÍCULA:
• Solicitude de matrícula.
• Fotocopia do DNI, NIE, Pasaporte...
• Copia cotexada, se procede, do certificado dos ámbitos da proba superados en anteriores convocatorias ou a certificación académica de ámbitos ou materias superados, de acordo coas especificacións establecidas nos números 3,e 4 da epígrafe décimo terceira da resolución.
• Acreditación de prodecer doutra comunidade autónoma ou dun país estranxeiro (certificado de empadroamento), no caso de que se solicite a exención de lingua galega.
• No caso de solicitar adaptación para as probas: certificación do ditame de discapacidade, cando esta fose recoñecida por outra Administración distinta da Xunta de Galicia.


 

FORMA PRESENTACIÓN
• En soporte papel no centro EPA Eduardo Pondal, rúa da Educación,3-2º Andar, 15011 A Coruña.
• Nas oficinas de correos (certificado en sobre aberto).
• No rexistro electrónico da Administración.
• Nas oficinas de asistencia en materia de rexistros.
• De forma excepcional, este ano poderán enviar á solicitude xunto con copia do DNI por email (epa.eduardo.pondal@edu.xunta.es).



page | by Dr. Radut