Skip to Content

VOLVE NORA!! PROGRAMA R.E.A.D.

 

Durante o curso 2019-2020 levouse a cabo na escola o programa R.E.A.D. de lectura con cans, financiado pola obra social de Caixabank.  O programa quedou interrompido polo confinamento debido á pandemia. Durante o confinamento seguimos en contacto coa cadela Nora a través do blog da biblioteca grazas á súa coidadora Laura. Agora queremos retomar as sesións presenciais cunha sesión en maio e outra en xuño, dentro do horario lectivo.

Haberá algunhas diferencias con respecto ao curso pasado: a actividade realizarase no exterior, no patio cuberto, en pequenos grupos de convivencia estable. Os nenos e as nenas deberán levar máscara e terán que manter distancia de seguridade con respecto á cadela e a súa coidadora. Estas diferenzas non van alterar significativamente os principais obxectivos do programa:

  • Animación á lectura
  • Mellorar a capacidade de atención
  • Fomentar unha axeitada relación cos animais
  • Mellorar as habilidades de comunicación e o interese en contar a súa experiencia aos demais.
  • Incrementar o vocabulario das nenas e dos nenos.

As familias dos nenos e nenas que non estaban na escola o curso pasado deberán cumprimentar unha autorización para participar no programa.

Por favor contactade co equipo docente ante calquera dúbida sobre o programa e as actuacións que implican.

Mais información nos seguintes enlaces:

https://www.perrosyletras.com/

https://bibliorrodis.blogspot.com/2019/11/programa-perros-y-letras.html

https://bibliorrodis.blogspot.com/2020/04/dia-do-libro-confinado.html

https://bibliorrodis.blogspot.com/2020/05/nora-e-os-seus-amigos.html

 



blog | by Dr. Radut