Skip to Content

Iniciamos o derradeiro tramo deste curso escolar

Unha vez máis abrimos esta ventá dirixida a todas as familias que disfrutades da nosa escola.

Neste momento, e dacordo coas intruccións pautadas pola Consellería de Educación (consultalas clickando aquí), dende mañá e ata o vindeiro día 19 poderedes recoller os vosos materiais na escola.

Farémolo en CITA INDIVIDUAL concertada coa vosa titora, mediante chamada telefónica ou a través dos correos electrónicos que tedes a vosa disposición.

Desexamos que estedes ben, e queremos enviarvos un saúdo de comprensión e ánimo nesta situación que aínda non rematou. Esperamos conseguilo paso a pasiño, sen precipitarnos, polo ben de toda a comunidade educativa.

Lembrarvos que é necesario seguir os consellos sanitarios, que xa publicamos en dias pasados na web, e que seguimos a vosa disposición no horario habitual no correo electrónico e no teléfono da escola!

 

 



blog | by Dr. Radut