Inicio                         

 

 

Secretaría

Axudas Fondo libros e material escolar

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar, para o alumnado que, no próximo curso, vaia cursar 1º de Educación Primaria. Na seguinte ligazón podedes atopar a convocatoria.

Forma de presentación:

  • Preferiblemente por sede electrónica: ligazón
  • Opcionalmente, poderá presentarse presencialmente nos centros onde se vaia cursar a educación primaria.

Os solicitantes das axudas deben cubrir unicamente os anexos I e II do procedemento ED330B e presentar a documentación necesaria.

Lembrade que se entregará unha única solicitude por todos os irmáns que cursen a mesma etapa

Prazo de presentación: Do 21 de maio ata o 21 de xuño de 2024.

Descargar pdf dos Anexos I e II

Máis información

BECAS ACNEAE 2024-2025

Do 30 de abril ao 13 de setembro queda aberto o prazo para solicitar axudas individuais para estudiantes con necesidades específicas de apoio educativo.

Destinatarios: alumnado con

  • Discapacidade igual ou maior ao 25%
  • Trastorno grave da conduta
  • Trastorno grave da comunicación e linguaxe
  • Trastorno por déficit de atención e/ou hiperactividade asociado a trastorno de conduta ou discapacidade do 33%
  • Altas capacidades
  • Trastorno de espectro autista

Proceso:  Na sede electrónica do Ministerio de Educación 

Normaliva de referencia:

  • Convocatoria NEAE
  • Extracto Resolución 12 abril 2024

Información e explicación do proceso: Ligazón

Pasos finais:

ADMISIÓN ALUMNADO 2024-2025

Está publicada no taboleiro de anuncios do interior da escola a listaxe co alumnado admitido para o vindeiro curso. 

Todo o alumnado que solicitou praza na nosa escola está admitido.

O prazo para formalizar a matrícula será do 20 ao 30 de xuño. A principios de xuño avisaremos do procedemento e da documentación necesaria.

Benvidas familias!

Calendario escolar 2024_2025

A Consellería de Educación publicou no DOGA a orde do calendario escolar para o vindeiro curso escolar 2024-2025. Podedes atopar a información na seguinte ligazón.

Reserva de praza en centros adscritos

Dende o 15 de xaneiro e ata o 5 de febreiro está aberto o prazo para reservar praza nos centros adscritos á EEI Do Con (CEIP Quitela e CEIP Tirán).

As solicitudes poderanse presentar:

  • Preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación AdmisionAlumnado, no menú Solicitudes → Reserva de prazas → Crear solicitude. Podedes cubrir a solicitude e asinar telemáticamente na Sede Electrónica (só con certificado dixital e CHAVE365) ou cubrir e presentala na nosa escola.
  • Presentar a solucitude presencialmente na EEI Do Con (modelo ED550A).

As familias que NON escollan un centro adscrito terán que facer a admisión ordinaria a partir do 1 de marzo

Manual de axuda para as familias (ligazón)

Normativa vixente

Admisión alumnado curso 2023/2024

O prazo para a presentación de solicitudes de admisión de alumnado novo para o curso 2023/ 2024 será do 1 ao 20 de marzo. Podedes acceder a toda a información na páxina web https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

A solicitude poderase presentar no propio centro educativo elixido como primeira opción ou na Sede Electrónica con usuario de Chave365/ certificado dixital da Xunta de Galicia. Adxúntase un manual con instrucións.

Documentación necesaria:

  • Anexo II (ED550B) cuberto e asinado por ambos proxenitores.
  • Copia do Libro de Familia.
  • Copia DNI do neno/a (se non ten é suficiente con entregar o libro de familia).

Prazos:

  • Antes do 25 de abril o centro publicará no taboleiro a lista provisional de admitidos e non admitidos.
  • Entre o 20 e o 30 de xuño as familias formalizarán as matrículas no centro educativo.

Calquera dúbida ou consulta podedes chamar ao 886 110 263 ou escribirnos no enderezo electrónico eei.docon@edu.xunta.gal

 

Xornada de Portas Abertas

 

  Ola familias, informámosvos que o vindeiro día 15 de febreiro comezamos as Xornadas de portas abertas para que poidades coñecer a nosa escola. Poñemos a vosa disposición unha presentación coas características metodolóxicas e organizativas máis salientables do noso Proxecto.

 Debido á actual situación sanitaria faranse grupos reducidos para poder garantir as distancias e as medidas COVID de forma segura. Se queredes coñecernos  podedes chamarnos ao teléfono 886 110 263. Agardámosvos!

21 días en galego

Queridas familias, informámosvos que a partir de hoxe día 1 de febreiro e ata o vindeiro luns 21 a nosa escola súmase á campaña "21 días en galego". Trátase dunha iniciativa do Concello de Moaña para promover un cambio de hábitos no alumnado a prol da nosa lingua e no que participamos todos os centros educativos da vila.

                      

 

Vantaxes desta campaña

  • Conseguir fluidez na expresión oral.
  • As persoas que dominan máis linguas teñen máis facilidades para adquirir outros idiomas, demostrado científicamente.
  • A través do galego resulta doado o achegamento ao portugués. Isto pode repercutir positivamente a nivel laboral xa que o portugués é a sétima lingua máis falada do mundo.

Moitísimas grazas pola vosa colaboración.

Eleccións Consello Escolar

Informamos de que nestas datas se inicia o proceso para a RENOVACIÓN TOTAL dos membros do Consello Escolar.

Este curso toca renovar:

- 2 representante de nais/pais.

- 2 representante das mestras.

Datas de interese para as familias

Xoves 4 de novembro, constitución da Xunta Electoral como resultado do sorteo celebrado 29 de outubro. Nomeouse un titular e un suplente en cada sector (nais/pais, mestras e PAS). Dende ese día está exposto no taboleiro do centro xunto co censo electoral das familias.

Do martes 9 ao martes 16 de novembro estará aberto o prazo para a admisión de candidaturas de nais e pais, que teredes que notificar á escola, adxuntando o pdf  “solicitude de candidaturas” que tedes a vosa disposición a continuación.

Martes 16 de novembro anunciaranse as candidaturas e haberá 2 días para posibles reclamacións. Realizarase o sorteo para a elección da mesa electoral de nais e pais (4 membros e 4 suplentes) ás 15:30h.

Martes 23 de novembro realizarase a votación das nais e pais na entrada da escola en horario de 9:00 a 9:30h. e de 15:00 a 15:40h.

Venres 10 de decembro, constitución do novo Consello Escolar.

Antes do 17 de decembro remitirase a documentación á Xefatura Territorial.

O proceso levarase a cabo cumprindo sempre con todas as medidas hixiénico-sanitarias e de seguridade. Esperamos contar coa vosa participación e colaboración.

Ao final da entrada atoparedes adxunta a normativa que regula este proceso.

Caledario escolar

Adxuntamos o calendario escolar para o presente curso 2021/2022.

Na seguinte ligazón podedes acceder á orde que aproba o calendario escolar establecido pola Consellería de Educación: https://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/34170

Aos festivos que figuran no calendario proporcionado pola Xunta, engádese o 11 de outubro (Día do ensino) e o 11 de novembro (San Martiño, festivo local en Moaña). Así mesmo, todos os centros educativos de Moaña solicitamos o 7 de decebro como día non lectivo.

Curso 2021 - 2022

As clases para o alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil comezará o 9 de setembro de 09:00h. a 14:00h. con servizo de madrugadores e comedor.

Para o alumnado de 4º de Educación Infantil o horario será o que figura no documento "Período de adaptación" que vos facilitamos no momento de formalizar a matrícula.

Feliz verán!

Un saúdo

Período de adaptación 2021-2022

Adxuntamos a organización do período de adaptación para as nenas e os nenos matriculados na nosa escola o curso 2021-2022.

Matrícula curso 2021 - 2022

Para formalizar a matrícula do curso escolar 2021 - 2022 na EEI do Con, deberedes presentar entre os días 22 e 30 de xuño a seguinte documentación na escola:
 
- Impreso da matrícula, Anexo III-1 (premer aquí)
- Impreso de elección: relixión/ alternativa e uso do comedor escolar (premer aquí)
- Impreso de autorización para uso da imaxe (premer aquí)
- Impreso de autorización para o Caranvexo (premer aquí)
- Fotocopia do DNI das persoas proxenitoras ou representantes legais.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria da nena ou do neno.
- Certificado médico no que conste que está apto para a escolarización.
- Dúas fotos tamaño carné actualizadas.
- Certificado de minusvalía, de ser o caso.

Axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

Dende hoxe ata o día 22 de xuño está aberto o prazo para presentar solicitudes de Axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar. Esta solicitude deberedes presentala preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B) ou no centro no que o alumno ou alumna curse 1º de Educación Primaria.

Enlace para presentar a solicitude telemáticamente  https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

Documentos:

- Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula o proceso (premer aquí)
- Resumo (premer aquí)
- Anexo ED330B (premer aquí)

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO 2021/2022

Debido á actual situación sanitaria derivada da pandemia pola COVID-19 e coa finalidade de cumprir os protocolos, este curso poñemos a vosa disposición unha presentación coas características metodolóxicas e organizativas do noso Proxecto para que poidades coñecernos mellor.

*Algunhas das fotos foron tomadas en cursos anteriores.

Tamén vos deixamos esta visita virtual pola nosa escola para que poidades ver as nosas instalacións.

As persoas interesadas en recibir máis información sobre a nosa escola podedes contactar connosco a través do correo electrónico (eei.docon@edu.xunta.gal) ou por teléfono (886 110 262) en horario de L. a V. de 12:30h. a 14:00h. Non dubidedes en chamar, estamos a desexar responder todas as vosas dúbidas referidas a horarios da escola, actividades extraescolares, servizos que ofertamos, metodoloxías... 

O prazo para a presentación de solicitudes de admisión de alumnado novo para o curso 2021/ 2022 será do 1 ao 22 de marzo, segundo a Orde do 18 de decembro de 2020

Documentación

  • Solicitude modelo: ED550B 
  • DNI do alumno/a ou libro de familia
  • DNI dos pais
  • Resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso.

Reserva de praza en centros de adscrición

O prazo para solicitar a reserva de praza nos centros de adscrición para o curso 2021/2022 será do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2021, ambos incluídos.

Aos efectos de continuidade dos estudos de Educación Primaria, os centros de adscrición da EEI do Con son o CEIP Plurilingüe de Tirán e o CEIP de Quintela.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual (ver arquivo adxunto, modelo ED550A), ou a través da aplicación AdmisiónAlumnado, no menú Solicitudes → Reserva de prazas → Crear solicitude

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2020-2021

Adxuntamos o calendario escolar para o presente curso 2020/2021.

Aos festivos que figuran nel hai que engadir o 11 de novembro (San Martiño, festivo local en Moaña).

Así mesmo, tódolos centros educativos de Moaña solicitamos o 30 de abril como día non lectivo.

No seguinte enlace podedes acceder a toda a información na web da Consellería de Educación:

http://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/31489

Novidades de última hora

Listaxe provisional de admitidos

Informamos que todo o alumnado que presentou solicitou de admisión para o curso 2020/2021 foi admitido. Podedes consultar o listado completo no taboleiro da escola

Lembramos que a formalización da matrícula será entre o 1 e o 10 de xullo, 
ambos incluídos. 

 

Formulario para compartir fotos e vídeos

Mediante este formulario podedes enviarnos as fotos e os vídeos que queirades compartir con nós. Moitas grazas por seguir conectados:

 

Aviso importante usuarios de Comedor Escolar

A Consellería de Educación e FP acaba de publicar unha orde na que se contempla a compensación económica ás familias becadas de comedor que nestes días, debido á situación que estamos a vivir, non poden facer uso do mesmo.

 

Esto inclúe tanto ás familias de GRATUIDADE TOTAL como ás que abonan UN EURO polo servizo.

Para poder acceder a estas axudas é necesario que lle botedes un vistazo ao anuncio da Xunta onde tedes toda a información da documentación que necesitades. Aquí debaixo vos poñemos o enlace para poder acceder ao documento. 

Pinchade aquí para acceder ao documento

Tedes como data límite este xoves ás 11:00 para enviar a documentación pola aplicación Remind ao titor/a do voso fillo/a.

Para calquera dúbida ou consulta, contactade tamén co titor/a do voso fillo/a pola plataforma Remind.

 Perdoade pola premura pero é o que nos piden desde a Xunta.

 Un saúdo e moito ánimo desde o cole.


  

Traballo na casa

Vendo a situación pola que estamos a atravesar, desde a EEI do Con habilitamos unha aplicación de forma gratuita durante un mes para que os nosos/as alumnos/as poidan traballar na casa durante o tempo que dure este proceso.

A aplicación chámase "Smile and Learn" e podedes instalala tanto nun móbil ou tableta con sistema Android como con sistema IOS.

O que tedes que facer é descargar e instalar a aplicación no voso dispositivo pinchando na imaxe que corresponda das que están xusto debaixo.

Descarga para Android Descarga para IOS

Unha vez descargada e instalada xa podedes acceder a todo o contido coas seguintes claves:

Nome de usuario: eei.docon@edu.xunta.es

Contrasinal: bolvqqbf

 

E iso é todo. Xa podedes disfrutar de todo o contido. Desde a EEi do Con esperamos que vos sirva de axuda e de apoio durante este período. Grazas

A dirección.

  

Proceso de Admisión de Alumnado curso 2020-2021

O prazo para presentar as solicitudes de admisión para o vindeiro curso 2020/2021 será do 1 ao 20 de marzo de 2020 (deberase ter en conta que os días 19 e 20 de marzo son días non lectivos polo que o centro permanecerá pechado)

As solicitudes poden:

1.- Collerse no centro en papel, cubrir, asinar e presentar no propio centro.

2.- Cubrir na aplicación da Xunta (pinchando aquí) e logo imprimir, asinar e presentar no centro.

3.-Ou presentar na sede electrónica con certificado dixital ou coa chave 365

Lexislación:

Decreto do 2012 Orde do 2013 Orde do 2017

 

 

Documentación do proceso:

Calendario 

Documentación a presentar

Información relevante

Presentación da solicitude

Resolución sorteo letras desempate 

Distribuir contido