Inicio                         

 

 

Admisión alumnado curso 2023/2024

O prazo para a presentación de solicitudes de admisión de alumnado novo para o curso 2023/ 2024 será do 1 ao 20 de marzo. Podedes acceder a toda a información na páxina web https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

A solicitude poderase presentar no propio centro educativo elixido como primeira opción ou na Sede Electrónica con usuario de Chave365/ certificado dixital da Xunta de Galicia. Adxúntase un manual con instrucións.

Documentación necesaria:

  • Anexo II (ED550B) cuberto e asinado por ambos proxenitores.
  • Copia do Libro de Familia.
  • Copia DNI do neno/a (se non ten é suficiente con entregar o libro de familia).

Prazos:

  • Antes do 25 de abril o centro publicará no taboleiro a lista provisional de admitidos e non admitidos.
  • Entre o 20 e o 30 de xuño as familias formalizarán as matrículas no centro educativo.

Calquera dúbida ou consulta podedes chamar ao 886 110 263 ou escribirnos no enderezo electrónico eei.docon@edu.xunta.gal

 

21 días en galego

 

Queridas familias, informámosvos que a partir do día 1 de marzo e ata o vindeiro martes 21 a nosa escola súmase á quinta edición da campaña "21 días en galego". Trátase dunha iniciativa do Concello de Moaña para promover un cambio de hábitos no alumnado a prol da nosa lingua e no que participaremos todos os centros educativos da vila. 

Vantaxes desta campaña:

  • Conseguir fluidez na expresión oral.
  • As persoas que domina máis linguas teñen máis facilidades para adquirir outros idiomas, demostrado científicamente.
  • A través do galego resulta doado o achegamento ao portugúes. Isto pode repercutir positivamente a nivel laboral xa que o portugués é a sétima lingua máis falada do mundo.

Moitísimas grazas pola vosa colaboración.

Xornada de portas abertas

Ola familias, informámosvos que o vindeiro día 28 de febreiro comezamos coas Xornadas de portas abertas para que poidades coñecer a nosa escola.

Lembrade confirmar cita a través do seguinte formulario (ligazón) ou chamando ao 886 110 263.

Deixámosvos unha breve presentación coas características metodolóxicas e organizativas máis salientables do noso Proxecto.

 

Recollida solidaria

O luns 21 de novembro comezamos na nosa escola unha recollida solidaria de Nadal!. Todo o recaudado irá a favor do Comedor Social de Cangas. A campaña está aberta para todas as persoas de Moaña e arredores que queiran participar.

Podedes colaborar nesta iniciativa achegando alimentos (priorizan leite, galletas, cereais e colacao, aínda que serve todo tipo de alimentos non perecedoiros) ou xoguetes que xa non usedes na casa e estean en bo estado.

Recolleremos alimentos e xoguetes dende o luns 21 de novembro ata o 16 de decembro, en horario de 14:30h. a 16:00h. As familias da EEI DO CON podedes entregalos cando veñades á escola ou ao recoller as vosas crianzas. 

Moitas grazas pola vosa colaboración!

Merendas dos venres

Comezamos os obradoiros de merendas saudables!

Calendario escolar 2022/2023

Adxuntamos o calendario escolar para o presente curso 2022/2023.

Na seguinte ligazón podedes acceder á orde que aproba o calendario escolar establecido pola Consellería de Educación.

Aos festivos que figuran no calendario proporcionado pola Xunta, engádense o 11 de novembro (San Martiño, festivo local en Moaña) e o 2 de maio, elixido por todos os centros educativos de Moaña como día non lectivo.

Calculadora comedor escolar

Poñemos á vosa disposición unha calculadora da Xunta para facilitar o cálculo do importe das tarifas polo uso do comedor escolar en función da renta per cápita da unidade familiar do exercicio 2021.

https://www.edu.xunta.gal/comedores/calculadora.jsp

Caranvexornal - 7ª edición

 

Xa temos unha nova edición do noso Caranvexornal. Nesta ocasións as nenas e os nenos da nosa escola comentan algunhas das propostas realizadas dentro do proxecto "Roteiros con arte".

Caranvexo TV

Agardamos que vos guste!.

Admisión Alumnado Curso 2022/2023

O prazo para a presentación de solicitudes de admisión de alumnado novo para o curso 2022/ 2023 será do 1 ao 21 de marzo.

A solicitude poderase presentar no propio centro educativo elixido como primeira opción ou na Sede Electrónica (enlace) da Xunta de Galicia. Adxúntase un manual con instrucións.

Documentación necesaria:

- Anexo II cuberto e asinado por ambos proxenitores.

- Fotocopia do Libro de Familia.

- Fotocopia DNI do neno/a (se non ten é suficiente con entregar o libro de familia).

Prazos:

- Antes do 25 de abril o centro publicará no taboleiro a lista provisional de admitidos e non admitidos.

- Entre o 20 e o 30 de xuño as familias formalizarán as matrículas no centro educativo.

Caranvexornal - 6ª edición

Nesta nova edición do Caranvexornal os nosos reporteiros infórmanvos como conmemoramos o "Día Internacional da Educación" e o "Día escolar da non Violencia e da Paz" na nosa escola.

Temos aos mellores reporteiros do mundo!

Esperamos que vos guste.

Mandados do meco 2022

Chega o Entroido á nosa escola! 

A continuación atoparedes os mandados do Meco que comezarán a semana que vén. Lembrade que son acumulativos.

Moitas grazas pola vosa colaboración familias.

Xornada de Portas Abertas

 

  Ola familias, informámosvos que o vindeiro día 15 de febreiro comezamos as Xornadas de portas abertas para que poidades coñecer a nosa escola. Poñemos a vosa disposición unha presentación coas características metodolóxicas e organizativas máis salientables do noso Proxecto.

 Debido á actual situación sanitaria faranse grupos reducidos para poder garantir as distancias e as medidas COVID de forma segura. Se queredes coñecernos  podedes chamarnos ao teléfono 886 110 263. Agardámosvos!

21 días en galego

Queridas familias, informámosvos que a partir de hoxe día 1 de febreiro e ata o vindeiro luns 21 a nosa escola súmase á campaña "21 días en galego". Trátase dunha iniciativa do Concello de Moaña para promover un cambio de hábitos no alumnado a prol da nosa lingua e no que participamos todos os centros educativos da vila.

                      

 

Vantaxes desta campaña

  • Conseguir fluidez na expresión oral.
  • As persoas que dominan máis linguas teñen máis facilidades para adquirir outros idiomas, demostrado científicamente.
  • A través do galego resulta doado o achegamento ao portugués. Isto pode repercutir positivamente a nivel laboral xa que o portugués é a sétima lingua máis falada do mundo.

Moitísimas grazas pola vosa colaboración.

Distribuir contido