Secretaría

DOCUMENTOS DE CENTRO

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL

 

PROXECTO EDUCATIVO

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS | CRA Plurilingüe de Vilaboa. Consuelo González Martínez

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS | CRA Plurilingüe de Vilaboa. Consuelo González Martínez

ENQUISA CONVIVENCIA 2019

 

ENQUISA CONVIVENCIA 

CONVIVENCIA

ATA O 17 DE MARZO DE 2019

De acordo co establecido no Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, constituíuse o Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia e aprobouse a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020: educonvives.gal.

No marco desta Estratexia, o Eixe 1 está dedicado á diagnose e seguimento da convivencia escolar, realizouse en 2015 unha diagnose inicial que permitiu identificar os puntos fortes e febles na xestión da convivencia e na resolución de conflitos nos centros educativos, para a elaboración do plan de convivencia. Transcorrido un período significativo, e ao obxecto de facer un seguimento do clima escolar da nosa comunidade e guiar as accións de mellora que cumpran, faise necesario repetir o proceso referido.

A recollida de datos farase mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo.

As familias que desexen participar teñen que cubrir unha enquisa por cada centro no que teña matriculado algún fillo ou filla, independentemente do número de nenos e nenas que cursen estudos no mesmo centro.

O código de acceso para cubrir a enquisa solicitaráselle á TITORA na ESCOLA. 

A súa opinión é moi importante e valiosa para mellorar a convivencia escolar polo que lle solicitamos que preste atención e responda con responsabilidade. Este código servirá tan só unha vez; se tivese algún problema con ela ou precisase unha nova pode poñerse en contacto coa dirección do centro.

  ACCESO ENQUISA FAMILIAS  

 

ADMISIÓN CURSO 2020 2021

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN ESTÁ INTERROMPIDO.

 

UNHA VEZ REMATE O ESTADO DE ALARMA ESTABLECERASE UN PRAZO DUNHA SEMANA PARA A PRESENTACIÓN DE NOVAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN.

 

AQUELAS FAMILIAS INTERESADAS EN QUE CONTACTEMOS CON VÓS OU VOS ENVIEMOS UNHA MENSAXE UNHA VEZ SE REACTIVE O PRAZO, CONTACTADE A TRAVÉS DE:

 

618 55 45 94  (atendemos whatsapp)

 

cra.vilaboa@edu.xunta.gal

 
 
 
 
ADMISIÓN CURSO 2020/2021
 
 

Atendendo ao disposto na ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para  a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos  DOG 15-03-2015) modificada pola ORDE do 25 de xaneiro de 2017 (DOG 1-02-2017) o prazo de presentación de solicitudes de admisión será do 1 ao 20 de marzo.

O alumnado que quera solicitar admisión no

CRA PLURRILINGÜE de VILABOA CONSUELO GONZÁLEZ MARTÍNEZ

CÓDIGO DE CENTRO 36024495

 

PRESENTRARASE UNHA ÚNICA SOLICITUDE ASINADA POR ÁMBOLOS DOUS PAIS/NAIS/TITORES LEGAIS no centro que se solicita en primeiro lugar do VENRES 1 AO MÉRCORES 20 DE MARZO. (formulario normalizado ED550B ORDE do 12 de marzo de 2013 modificada pola Orde do 25 de xaneiro de 2017 

As solicitudes de admisión  cubriranse  (Do 1 ao 20 de marzo) mediante o فوائد العسل formulario normalizado (ED550B) a través da aplicación de xestión do proceso: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado 

Menú:  Solicitudes- Solicitudes de admisión- Crear solicitude de admisión        MANUAL FAMILIAS

CRA de VILABOA CONSUELO GONZÁLEZ MARTÍNEZ

4º EDUCACIÓN INFANTIL (3 ANOS)

CÓDIGO DE CENTRO 36024495

e presentaranse:

A)NA SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA (precísase CHAVE 365 ou certificado dixital)

 

B)NA SECRETARÍA DO CENTRO

 

  • Luns: 13:00 – 14:00
  • Martes: 9:00 – 11:00 // 16:00-18:00 
  • Mércores : 13:00- 14:00 
  • Xoves: 12:00 – 14:00.
  • Venres : 13:00- 14:00

 

 

 

Oferta de postos escolares por escolas

 

 

 

ESCOLAS

 

 

POSTOS ESCOLARES TOTAIS

POR ESCOLA

PRAZAS

RESERVADAS

PARA NENOS

CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

 

PRAZAS

VACANTES

OFERTADAS

 

TOTAL

PRAZAS VACANTES

OFERTADAS

 

BARCIELA

 

2 UNIDADES

40

 

6

 

15

 

21

 

BÉRTOLA

 

 

20

 

3

 

7

 

10

 

FIGUEIRIDO

 

 

14*

 

3

 

5

 

8

*O espazo real das aulas non permite unha ratio superior a 14.

 

PAREDES

 

 

20

 

3

 

10

 

13

 

POUSADA

 

2 UNIDADES

40

 

6

 

15

 

21

TOTAL

134

21

52

73

             


  

 

1) D

Dito formulario (ED550B) tamén será facilitado en papel gratuitamente nas Escolas e estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia e na páxina web da Consellería de Educación e nos BLOGs das escolas.

FORMULARIO EN GALEGO

FORMULARIO EN CASTELÁN

 

Xunto coa solicitude de admisión, achegarase copia do DNI do alumno ou copia da folla do libro de familia onde apareza o neno/a, e copia do DNIs dos pais/titores legais. (De entregarse varias solicitudes perderanse tódolos dereitos de prioridade como figura na normativa citada)

 OUTRA DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR:

Os alumnos xa escolarizados, que presenten unha solicitude de admisión noutro centro,  teñen a obriga de comunicalo ao seu centro de orixe.

 

No caso de que se teña que baremar (habendo máis demanda de prazas que vacantes), do 25 de marzo ao 5 de Abril solicitarase a información acreditativa xunto coas follas 3 e 5 do formulario normalizado (ED550B)

 

As listaxes de admitidos e excluídos provisionais presentaranse nos taboleiros das escolas antes do 25 de abril e as  listaxes definitivas antes do 15 de maio de 2020.

 

O prazo de formalización da matrícula será do 22 ao 30 de Xuño de 2020.

 

CIRCULAR ADMISIÓN CRA PLURILINGÜE DE VILABOA

 

 

INSTRUCIÓNS ADMISIÓN 2020





VACANTES OFERTADAS

RESERVA DE PRAZA AOS CENTROS ADSCRITOS. Do 1 ao 17 de febreiro 2020

Atendendo ao disposto nas instrucións anuais na ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para  a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos  DOG 15-03-2015) modificada pola ORDE do 25 de xaneiro de 2017 (DOG 1-02-2017) o prazo de reserva de praza para continuar estudos en centros adscritos será do 1 ao 17 de febreiro de 2020.

ADSCRIPCIÓN DO CRA DE VILABOA

ESCOLAS DE BÉRTOLA, FIGUEIRIDO E PAREDES : CPI TOURAL

ESCOLAS DE BARCIELA E POUSADA: CEP PLURILINGÜE RIOMAIOR

 

 

O alumnado que pretenda continuar estudos no centro de adscrición deberá presentar nas escolas do CRA, na sede do CRA ou directamente na Sede electrónica da Xunta de Galicia a solicitude de reserva xerándoa previamente a través da aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

Menú:  Solicitudes- Solicitudes de reserva - Crear solicitude de reserva 

 

Esta solicitude deberá presentarse en papel ou de xeito electrónico de dispor de certificado dixital uu CHAVE 365.

1) De entregarse en papel, entregaráselle na escola á titora quen facilitará o xustificante de entrega da mesmo, ou na sede do CRA en horario de Secretaría

LUNS 13:00-14:00

MARTES 09:00-11:00 // 17:00-18:00

XOVES 12:00-14:00

 

 2) De presentarse electronicamente debe comprobarse que queda correctamente tramitada dende a aplicación a través da SEDE ELECTRÓNICA da Xunta de Galicia, precisando para este trámite certificado dixital ou CHAVE 365. قشر الموز De presentala deste xeito non sería necesario entregala en papel no centro.   

Ámbalas dúas opcións son viables.   

 

En caso de ter dificultades coa aplicación, a documentación (modelo ED550A) facilitarase no centro en ámbalas dúas linguas oficiais e poderase cubrir igualmente de xeito manual.

As familias que non opten á reserva de praza nos centros adscritos, deberán esperar ao prazo ordinario de solicitude de admisión: Do 1 ao 20 de marzo de 2020.    

A reserva de praza no centro adscrito NON é compatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro.

 

LISTAXE ADMITIDOS CPI TOURAL 

LISTAXE ADMITIDOS CEP PLURILINGÜE RIOMAIOR

(pendente de publicación)

 

                        

 

1) D

 

O CRA DE VILABOA NA REDE DE ESCOLAS NA NUBE

 
A Consellería de Cultura e Educación, AMTEGA e CESGA asinarán un convenio para o desenvolvemento da “Rede de Escolas na Nube”
Trátase dun proxecto de innovación educativa que tenta desenvolver unha contorna de colaboración e aprendizaxe en comunidade, baseada en servizos ‘cloud’ e software aberto para os Centros Rurais Agrupados.
A iniciativa é coordinada polo CESGA, e conta coa participación da área de I+D+I da empresa galega BALIDEA
Na actualidade, a experiencia piloto estase a desenvolver en catro Centros Rurais Agrupados: o CRA de Vilaboa, o CRA Amencer en Ribadavia, o CRA Boqueixón-Vedra,  e o  CRA Nosa Señora do Faro, en Ponteceso. Entre eles abarcan 22 escolas unitarias rurais nas provincias de Pontevedra, Ourense e A Coruña, con 60 docentes e 333estudantes dende os 3 aos 7 anos participando no proxecto dende o principio de curso.
 
 O Presidente da Xunta de Galicia Don Alberto Núñez Feijoo recibe ás directoras da REDE de ESCOLAS na NUBE.  As Directoras, en representación dos CRAs que están no proxecto da NUBE  aproveitaron para darlle difusión ao Proxecto e centrar o interese no Ensino Rural onde se aposta por un cambio metodolóxico a través da tecnoloxía.
 

Distribuir contido