Secretaría

ADMISIÓN CURSO 2021 2022

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN

CURSO 2021-2022

DO LUNS 1 AO  LUNS 22 DE MARZO

 

VACANTES OFERTADAS

 

As solicitudes de admisión  cubriranse  (Do 1 ao 22 de marzo) mediante o  formulario normalizado (ED550B) a través da aplicación de xestión do proceso: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado  e presentaranse:

 

NA SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA (precísase CHAVE 365 ou certificado dixital)

 

NA SECRETARÍA DO CENTRO CON CITA PREVIA 

 

TELÉFONO DE CITA PREVIA 618 554 594 (aténdese whatsapp)  

 

 

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR 

Solicitude cuberta e asinada por ambos os dous nais/pais/titores legais.

Copia do DNI do/da menor ou folla do LIBRO de FAMILIA que acredite a súa idade.

Copia do DNI de ambos os dous nais/pais/titores legais.

Autorización publicación imaxe

Autorización mensaxería de whatsapp

Enquisa Lingua Materna

Solicitude Relixión/Alternativa

 

 

 

 

 

RESERVA DE PRAZA para 1º EDUCACIÓN PRIMARIA NO CPI TOURAL e CEP PLURILINGÜE RIOMAIOR 2021

Fase de reserva de praza 1º de educación primaria no centro de adscrición

ESCOLAS de BÉRTOLA, FIGUEIRIDO e PAREDES: CPI TOURAL

ESCOLAS de BARCIELA e POUSADA: CEP PLURILINGÜE RIOMAIOR

 

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 11 de xaneiro de 2021 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

  • O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2021, ambos incluídos.

 

PROCEDEMENTO A SEGUIR PARA PRESENTAR A SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA PARA 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de forma manual en papel   ou de xeito electrónico de dispor de certificado dixital ou CHAVE 365, sendo esta a canle preferible de presentación.

  • 1)    De entregarse en papel, entregaráselle na escola á titora, ou na sede do CRA (con cita previa 618554594)

ANEXO RESERVA DE PRAZA (GALEGO)

ANEXO RESERVA DE PRAZA (CASTELÁN)

 

  • 2)    De presentarse electronicamente na aplicación admisionalumnado , debe comprobarse que queda correctamente tramitada dende a aplicación a través da SEDE ELECTRÓNICA da Xunta de Galicia, precisando para este trámite certificado dixital ou CHAVE 365. De presentala deste xeito non sería necesario entregala en papel no centro. 

RUTA A SEGUIR NA APLICACIÓN  admisionalumnado : Solicitudes – Reserva – Crear

 

      • CENTRO ACTUAL CRA PLURILINGÜE de VILABOA CONSUELO GONZÁLEZ MARTÍNEZ 
        • CÓDIGO DE CENTRO 36024495
      • CENTRO DE ADSCRICIÓN CPI TOURAL 
        • CÓDIGO DE CENTRO 36013588
      • CENTRO DE ADSCRICIÓN CEP PLURILINGÜE RIOMAIOR
        • CÓDIGO DE CENTRO 36013588

 

Ámbalas dúas opcións (papel ou aplicación) son viables.

 

  • A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso (CRA PLURILINGÜE DE VILABOA CONSUELO GONZÁLEZ MARTÍNEZ)  ou na aplicación admisionalumnado.
  • As familias que non opten á reserva de praza nos centros adscritos, deberán esperar ao prazo ordinario de solicitude de admisión: Do 1 ao 20 de marzo de 2021. 

     

     A reserva de praza no centro adscrito  NON é compatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro.

     

 

 

Normativa de aplicación

  • ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).
  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación
  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  •  

 

 

 

 

XUNTANZAS COAS FAMILIAS

XUNTANZAS COAS FAMILIAS

VIDEOCONFERENCIAS WEBEX 27-10-2020 

HORARIO DAS XUNTANZAS:

16:30  ESCOLA DE BARCIELA

URL: https://meetingsemea22.webex.com/meet/pr1638675003

16:30  ESCOLA DE POUSADA

URL:https://meetingsemea30.webex.com/meet/pr1635863752

17:00 ESCOLA DE FIGUERIDO

URL: https://meetingsemea27.webex.com/join/pr1635763539

17:00 ESCOLA DE PAREDES

URL: https://meetingsemea30.webex.com/meet/pr1637204278

17:30 ESCOLA DE BÉRTOLA

URL: https://eduxunta.webex.com/join/fatimapeleteiro

 

 

PROCESO DE RENOVACIÓN DA COMPOSICIÓN DO CONSELLO ESCOLAR 2020

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR ADIADAS

VER RESOLUCIÓN POLA QUE DE ADÍAN AS ELECCIÓNS POR MOR DA SITUACIÓN EPIDEMIOLÓXICA.

  Segundo a RESOLUCIÓN de 25 de septiembre de 2018, conjunta de la Dirección General de Centros y Recursos Humanos y de la Dirección General de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, por la que se establece el calendario para la celebración de elecciones de miembros de los consejos escolares de centros docentes sostenidos con fondos públicos corresponde facer unha renovación parcial dos membros do Consello Escolar.

Procede nste caso renovar 2 representantes do Claustro de mestres e mestras e a totalidade dos representantes das familias (3), puidendo a ANPA designar directamente un de estes tres representantes.

 

Segundo o Artigo 2º da citada Resolución a elección dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no Consello Escolar celebrarase ao efecto entre os días 23 e 27 de novembro, ambos os dous incluídos. Será responsabilidade da Xunta Electoral fixar a data definitiva das votacións, que probablemente se celebrará o martes día 24 de novembro de 2020.

A Xunta electoral estará formada pola directora, unha mestra/a e unha nai/pai elixidos en sorteo público.

VER CENSO NAIS/PAIS

Para poder constituir a Xunta electoral, entre os días 2 e 5 de novembro, procederase a un sorteo público o vindeiro martes 20 de outubro ás 13:45 na escola de Bértola tal e como se informa na seguinte circular:

VER CIRCULAR

 

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19

“PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 

CRA PLURILINGÜE DE VILABOA

CONSUELO GONZÁLEZ MARTÍNEZ 

NO CURSO 2020-2021”

PROTOCOLO ACTUALIZADO

 

Ver PLAN DE ADAPTACIÓN

 

 

 

Ver PROGRAMA DE ACOLLIDA

 

 

Ver PLAN DE CONTINXENCIA

 

 

LISTAXE DE ADMITIDOS E PROCESO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

Todas as solicitudes de admisión presentadas resultaron admitidas.

VER DE LISTAXE ADMITIDOS

 

A partir do 1 de xuño

 

Cita previa para entregar a documentación para a formalización de matrícula:

 

  •      Teléfono: 986 70 83 62 // 618 55 45 94
  •      Whatapp: 618554594

 

(Entregarase na SEDE DO CRA de VILABOA Toural nº 13)

 

DOCUMENTACIÓN PARA FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

 

  •   

    2 fotografías tamaño carné (co nome do neno/a escrito no reverso)

  •   

    Copia do Boletín de Vacinas. (fotocopia o copia escaneada remitida por whatsapp 618 55 45 94 ou mail cra.vilaboa@edu.xunta.gal)

  •   

    2 Fotocopias da tarxeta de prestación sanitaria.  (ou copia escaneada remitida por whatsapp 618 55 45 94 ou mail cra.vilaboa@edu.xunta.gal)

  •   

    Certificado médico de non padecer enfermidades infecto contaxiosas.

  •   

    No caso de que o neno padeza algunha enfermidade que a escola deba coñecer como a Epilepsia, Diabete ou  alerxias que poidan desencadear unha anafilaxia, deberase presentar tamén un certificado médico ao respecto para incluír o neno  no programa de Alerta escolar.

  •  Instancia Matrícula facilitada no centro para a súa sinatura.(Estará preparada e cuberta xa polo centro para a súa sinatura)

 


LISTAXE ADMITIDOS

CRISE SANITARIA COVID-19

Queridas familias:


Polo momento as escolas e a sede do CRA permanecerán pechadas por mor da prórroga do estado de alarma.

Estamos operativos de 09:00 a 14:00 a través do teléfono do centro:

986 70 83 62

618 55 45 94


Durante este tempo o profesorado traballará dende as súas casas. Somos conscientes de que é difícil non caer na tentación e abuso das pantallas, e por iso queremos contribuír.

A Nosa nube dixital ( http://escolasnanube.edu.xunta.es/vilaboa/index.php ) e o  SYMBALOO PLURINFANTIL https://www.symbaloo.com/mix/plurinfantil   https://www.symbaloo.com/mix/plurinfantilii  e AUDICIÓN E LINGUAXE https://www.symbaloo.com/mix/audicionelinguaxenaca encheranse de propostas .

         

Como alternativa ás pantallas cada semana o profesorado fará propostas vivenciais a través dos blogs:


http://aescoladebarciela.blogspot.com

http://escoladebertolavilaboa.blogspot.com

https://aescoladefigueirido-ana.blogspot.com

http://aescoladeparedes.blogspot.com

http://pousadaescola.blogspot.com

https://psicomotricidadenorural.blogspot.com

 

Trátase de tarefas voluntarias.


Gustaríanos que nos enviedes unha imaxe/collage ou pequeno vídeo de cada unha das propostas. Iremos subindo as imaxes recibidas ás redes sociais e servirán para facer unha publicación semanal no blog de cada escola con todas as recibidas. Entendemos que sodes conscientes de que  unha única imaxe/colllage ou pequeno vídeo de cada unha das propostas ao teléfono do centro (618 55 45 94) é suficiente.

Compartiremos as vosas imaxes a través dos BLOGS das escolas e as nosas páxinas de Facebook CRA de Vilaboa. Consuelo González Martínez e Instagram @cravilaboa

 

Podedes empregar igualmente os nosos correos electrónicos:

cra.vilaboa@edu.xunta.gal

vilaboa.cra@gmail.com

escoladepousada@gmail.com

escolabertola@gmail.com

 

Compartiremos as vosas imaxes a través dos BLOGS das escolas e as nosas páxinas de Facebook CRA de Vilaboa. Consuelo González Martínez e Instagram @cravilaboa


Un saúdo de todas as mestras e mestres. Moito ánimo!


#QuédateNaCasa

 

 

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

PENDENTE DE VISTO E PRACE DA INSPECCIÓN EDUCATIVA.

Distribuir contido