StoryBird

Espazo web para crear contos colaborativos on-line empregando a galería de imaxes do servizo.

O servizo é gratuíto, require rexistrarse e está en Inglés.

Permite embeber o código dos contos públicos no noso blogue.

Esta última só está dispoñible para os contos en Inglés.

A opción mais interesante é a que permite invitar a outros usuarios (alumnos) a participar na elaboración da historia de xeito que realmente se poden facer contos colaborativos en liña.

O enlace é este:
http://storybird.com/

E aquí tedes unha mostra do resultado:
Sometimes by adam on Storybird
Última modificación: Martes, 19 de Xuño de 2018, 10:54