Calaméo

No enderezo http://es.calameo.com/ dispoñes dun servizo especializado en publicacións de revistas e libros en formato flash.

O único que hai que facer é rexistrarse creando unha conta e subir os arquivos que queiramos que convirta ao formato de libro ou revista flash. Está en castelán e é doado de usar.

É importante ter en conta que unha vez subido o arquivo non se poden engadir páxinas novas (hai que subir o libro, revista ou xornal como un único arquivo.

A primeira páxina será a portada da revista. Pode poñerse son para o paso das páxinas dándolle un efecto moi real.

Admite case tódolos formatos de documentos e presentacións tanto de Officce como de Open Officce, tamén admite PDF.

Aqui tes un exemplo:

Última modificación: Martes, 19 de Xuño de 2018, 10:54