Embeber código

En programación ou desenrolo de páxinas web, embeber quere decir inxerir código dunha linguaxe dentro doutra linguaxe.

Xeralmente o código embebido chámase script.

As páxinas web adoitan desarrollarse en linguaxe HTML, pero poden embeberse códigos JavaScript o PHP para aumentar as súas posibilidades.

É moi habitual empregar servizos web (como o que prestan youtube, calameó, vimeo, slide share...etc) para poder inxerir na nosa páxina obxectos que a fagan mais atractiva.

Estes servizos da web 2.0 proporcionaranos o código html necesario para "embeber" o obxecto elixido no noso blogue.

Nun tema anterior está explicado como embeber código nun blog consúltao de novo se fose preciso.

Pasos para embeber código:


1. Vai ao enderezo do servizo web e busca ou crea o obxecto que queres incluir no teu blog. Seguramente a primeira vez terás que rexistrarte nun servizo web.

Neste mesmo tema verás unha lista de servizos web dispoñibles que podes empregar.


2. Na páxina web do servizo busca un enlace onde se facilite o codigo que tes que copiar.
As pantallas non serán iguais pero seguen a mesma filosofía de traballo así non te será difícil buscar en cada servizo o enlace correspondente para copiar o codigo a embeber, xeralmente porá embebed, ou Insertar ou ben unha etiqueta do estilo < >, tamén pode poñer blog...

youtube_embebed

3. Se o servizo web presta ferramentas para a configuración segue os pasos que te indiquen.

4. Copia todo o código html que parece na ventá (sempre hai mais do que se ve a simple vista)

5. Este será o código para embeber tanto nun artigo do blog como nun bloque (lembra que debes desactivar previamente o texto rico antes de pegar o código)
Última modificación: Martes, 19 de Xuño de 2018, 10:54