Measure It: Complemento para Firefox de medición xeral


Measure It é un complemento para o navegador Mozilla Firefox cunha única misión: medir sobre unha páxina web as dimensións (en pixeles) de calquera obxecto.

Unha vez instalada a extensión ou complemento activarase na barra de estado unha práctica regra coa que se poderá seleccionar calquera elemento da páxina e obter a súa anchura e altura en pixeles.


Como instalar Measureit

Obviamente presupomos instalado e en uso o navegador Mozilla Firefox nunha versión actualizada, de non ser así previamente debes descargar e instalar este navegador de software libre: http://www.mozilla-europe.org/es/ están dispoñibles as versións en múltiples idiomas incluídos o galego e o castelán.

Unha vez instalado o navegador o abrimos e xa podemos descargar e instalar a extensión ou complemnto recomendado.

  1. Vai á páxina de descarga do complemento https://addons.mozilla.org/é-é/firefox/addon/measureit/ ou ben abre a páxina de descarga de complementos e na barra de busa teclea measureit.descarga complemento
  2. Pica sobre a ligazón "Añadir a Firefox"
  3. É posible que apareza unha xanela preguntando se permitimos que este sito instale software no computador, nese caso pulsamos sobre o botón de "Permitir" permitir instalación
  4. Abrirase unha xanela de instalación do complemento onde seleccionaremos a opción "Instalar agora" instalar complemento
  5. Comezará o breve proceso de instalación (uns dous segundos) e aparecerá unha mensaxe solicitando reinciar firefox para que os cambios teñan efecto. reiniciar navegador
  6. Reiniciamos Firefox, o complemento xa estará instalado.
  7. Por defecto actívase automaticamente o complemento e a ferramenta da regra medidora amósase na barra inferior do navagador á esquerda icono ferramenta
  8. De non ser así: no navegador imos ao menú Ver -> Barra de ferramentas -> Personalizar
  9. Na xanela que se abre seleccionamos a icona do complemento measureit personalizar barra de ferramentas
  10. Arrastrámolo co rato ao lugar onde queiramos que quede a icona da ferramenta (por exemplo na parte superior dereita do navegador)

Funcionamento do complemento

  1. Abre unha páxina web sobre a que queiras medir un obxecto.
  2. Pulsamos sobre a icona da regra para medir.
  3. Veremos que a páxina se mostra cunha cor atenuada.
  4. Situamos o cursor (agora convertido nunha cruz) sobre o obxecto que desexamos medir
  5. Co botón esquerdo do rato pulsado arrastramos o rato
  6. A regra que aparece ao ir arrastrando o rato iranos dando en todo momento as dimensións (ancho e alto) en píxelas da rexión seleccionada. funcionamento
  7. Pulsamos escape ou ben volvemos pulsar a icona do complemento para desactivala apagar ferramenta
Última modificación: Martes, 19 de Xuño de 2018, 10:54