Administrando os blogs en Drupal


Administrando os blogs en Drupal

Indicacións xerais para os administradores da web acerca dos blogs e a configuración precisa para que sexan funcionais


1. Configuración do rol "autores de blog"

É recomendable que o administrador cree un rol específico para autores de blog xa que as funcións destes e o xeito de traballar é diferente do habitual.

Os permisos que aqui se expoñen son orientativos, poden restrinxirse ou ampliarse, en calquera caso é o administrador do centro quen ten que decidir que permisos lle asigna a este rol no seu centro.

A colaboración e entendemento entre o administrador e os autores de blog é imprescindible para o funcionamento dos blogs.

Crear e configurar o rol autores de blog

  1. Ruta: Administrar > Mantemento de usuarios >Roles
    administrar roles

  2. Na parte inferior escribimos o nome do rol e prememos en "Engadir rol" engadindo rol

  3. Veremos o rol engadido na lista, prememos sobre o botón "editar permisos" correspondente rol engadido

  4. Na xanela que se abre poderemos activar os permisos para este rol.

  5. Opcións recomendadas: unha posible configuración dos permisos deste rol é a que se amosa na seguinte imaxe, nela só aparecen aqueles módulos nos que o rol ten concedido algún premiso, e amósanse resaltados aqueles que son necesarios para o bó funcionamento do blog: administar bloques, editar o blog propio, todas as opcións relativas a comentarios, acceder ao notify e cambiar o nome de usuario, ademais da maioría das opcións habituais para calquera rol de profresores do centro.

    permisos do rol autores de blog

  6. Unha vez marcadas as opcións prememos sobre "Gardar permisos" para gardar os cambios feitos.


Sobre o permisos de administrar bloques para os autores de blogs

  • Os únicos bloques que poden modificar e /ou eliminar os autores de blog son os feitos polos propios usuarios e que non están vinculados a ningún menú taxonomizado.
  • É certo que os autores de blog poderían desactivar os bloques que Drupal xera automáticamente con cada menú, pero seguirían estando aí e o administrador podería reactivalos facilmente e colocalos de novo no seu sitio.


Permisos adicionais para usuarios avanzados do rol autores de blog

Se os usuarios dos blogs teñen manexo na páxina web e se o administrador o permite pódense engadir os seguintes permisos:

  • Administrar as orixes de novas: permitiría aos usuarios crear o seu propio bloque de artigos recentes dun xeito rápido e cómodo, noutro caso dependerían do administrador para que o fixera (un para cada blog) (neste curso explícase mais adiante o modo de crear dito bloque), tamén permite elaborar taboleiros de novas ou amosar as novas RSS doutros sitios.

  • Administrar Taxonomy Themes: esto permitiría aos usuarios dos blogs poder cambiar directamente a plantilla do seu blog sen requerir a intervención do administrador, noutro caso terá que facelo o propio administrador.

  • Administar Views: isto permitiría aos usuarios dos blogs crear vistas páxina e bloque personalizadas e vistosas (explicase neste mesmo curso máis adiantes algúns exemplos como a nube de etiquetas de tagadelic ou a tracker personalizada para os blogs) En calquera caso o manexo de vistas non é nin doado nin intuitivo polo que se recomenda que esta opción se deixe só a usuarios avanzados.

É importante sinalar que ningún deste permisos da aceso a administración xeral da web, é decir aínda que lle demos estes permisos aos autores de blogs non poderán acceder ás páxinas de administración do centro o que reduce posibles problemas de seguridade.

Sen embargo dende elas se poderían modificar as opcións feitas por outros autores de blogs, polo que recomendamos que se reserven para usuarios avanazados e que colaboren habitualmente co administrador.

En especial o módulo views non é intuitivo nin doado e require un coñecemento profundo de Drupal polo que só recomendamos o seu manexo para administradores e usuarios avanzados.


Permisos para as taxonamías da web do centro do rol autores de blog

En canto aos permisos por taxonomías e salvo que o administrador estime outra cousa ou o centro teña rutinas de traballo diferentes, os autores de blog só deben ter permisos de visualización ás categorías xerais do centro, como Secretaría, O Centro, Biblioteca etc.

Si que precisan ter permisos para crear na categoría específica "etiquetas dos blogs" (a creción e funcionalidde da categoría "etiquetas dos blogs" explícase con detalle mais adiante, na sección de folksonomías)

Pasos a seguir:
  1. Imos a ruta: Administrar > Mantenemento de usuarios > Taxonomy Access: Permissions

  2. Seleccionamos o rol “autores de blog” e editamos os seus permisos. tags administrar permisostags administrar permisos

  3. Na categoría “etiquetas dos blogs” establecemos permisos para este rol de xeito que por defecto poida "Ver", "Crear" e "Listar". permisos na categoria tags 1

  4. No resto das categorías do centro simplemente deberiamos marcar as opcións de "Ver" e "Listar"

  5. Prememos sobre o botón “Save category permissions” para gardar os cambios.
  6. Como paso final e debido a un bug coñecido en Drupal imos a pantalla Ruta: Administar > Mantemento de usuarios > Control de acceso e aínda que non fixeramos ningún cambio nesta pantalla prememos no botón que figura ao final “Gardar permisos”.