Traballando nos blogs en websdinámicas. Introducción


Documentación sobre os blogs e o seu funcionamento en Drupal


Licencia Creative Commons

Traballando nos blogs en websdinámicas. Introducción por websdinamicas en colaboración con CEIP Francisco Vales Villamarín se encuentra bajo una Licencia Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España.

Basada en una obra en www.edu.xunta.es.

8. URLs limpas e amigables

As URL semánticas ou URL amigables son aquelas URLs que son, dentro do que cabe, entendibles para o usuario.

Lonxe das clásicas URLs das páxinas dinámicas cheas de variables GET e números difíciles de lembrar, as URL semánticas están formadas con palabras relacionadas co contido da páxina e fáciles de lembrar.

Por URL limpa e amigable entendemos unha dirección sen parámetros GET, por exemplo: http://www.teusitoweb.es/benvida/

en lugar da "sucia", difícil de lembrar e indexar:

http://www.teusitioweb.es/?q=node/5


Por que utilizar url limpas e amigables?

Hai dúas razóns principales para que reescribas as túas URL.

  1. Facilitar e optimizar o traballo dos motores de busca ou procura (como google)
  2. As URLs limpas e amigables son indexadas máis facilmente polos buscadores que aceptan moito mellor as direccións URL que non conteñen longas cadeas de consultas.

    Unha URL como http://www.midominio.com/18/basic.html pódese indexar máis facilmente que a súa forma dinámica, http://www.midominio.com/cgi-bin/xene.pl?ide=18&view = base, que pode confundir aos motores de busca e facer que se perda información importante, posiblemente, que figura na URL, polo que lle impide obter a clasificación que esperamos.

    Con URLs amigables, os motores de procura poden distinguir os nomes de cartafol e poden establecer vínculos reais coas palabras crave.


  3. Facilidade de uso e mantemento
  4. A outra razón de peso para levar a cabo a reescritura das URL é o aumento na facilidade de uso para os propios usuarios da páxina web, e nas tarefa de mantemento para os administradores.

    Ademais as URLs amigables son moito máis fáciles de lembrar.


Consellos sobre a elección de alias URL

Cando decides que a túa páxina web necesita un cambio e comezas a reescribir os teus URL, asegúrache de que:

  1. Son o máis breve posibles (para aumentar a facilidade de uso),
  2. Utiliza guións en lugar de guións baixos (para que teña máis posibilidades de clasificación o máis altas posible nos motores de procura),
  3. Utiliza as letras minúsculas en lugar de maiúsculas (para evitar situacións de conflitos entre repeticións de maiúsculas e minúsculas)
  4. Utiliza alias de url fáciles de lembrar e entender para o usuario da web.

Activacións das url limpas en websdinámicas

Dende a migración a multisite o módulo que posibilita a utilización de urls limpas está dispoñible e activado por defecto polo que xa non aparecen urls do tipo www.edu.xunta.gal/centros/?q=node

En lugar diso visualizamos sempre urls do tipo www.edu.xunta.gal/centros/node.

Se no teu centro non é así activar dito módulo é sinxelo e levaralle ao administrador apenas uns segundos facelo (pode consultarse como facelo neste curso nas seccións específicas para administradores)


URLs amigables en Webs Dinámicas (alias de url)

Ademais das vantaxes mencioandas anteriormente nos blogs en Drupal do proxecto Webs Dinámicas o uso de alias URL resulta imprescindible xa que este mecanismo en combinación co módulo Taxonomy Theme é o que fai posible que os blogs en Webs dinámicas poidan dispoñer dunha plantilla ou tema diferente do resto da web do centro.

O módulo que fai posible a creación de alias URL ou URLs amigables está dispoñible en multisite, o administrador simplemente terá que activar dito módulo (non precisa de configuración) e comprobar nos permisos do rol autores de blog que teñen dita opción activada.

Os autores de blogs son os que van creando os alias ou nomes amigables para os seus artigos a medida que os crean.

Pasos a seguir para o autor do blog

  1. Inicia sesión co teu usuario de autor de blog
  2. Selecciona crear contido tipo artigo de blog
  3. Pon etiquetas ou tags que axudaen a catalogar o artigo
  4. Pon o título para o teu artigo
  5. Escribe no corpo o texto do artigo a algunha imaxe que o acompañe
  6. Na zona correpsondente Axustes de ruta URL escribe un enderezo seguindo o seguinte criterio: blog/nomedeusuriodoblog/nome-para-o-artigo (na imaxe do exemplo: blog/infantil/marcelle fai referencia a un artigo sobre unha visita escolar á granxa de Marcelle) alias url
  7. Finalmente preme sobre "Enviar" para publicar o artigo

Se te fixas na zona de enderezos do navegador poderás ver que a url que se amosa e limpa e amigable segundo a estabreciches
resultado url amigables