Traballando nos blogs en websdinámicas. Introducción


Documentación sobre os blogs e o seu funcionamento en Drupal


Licencia Creative Commons

Traballando nos blogs en websdinámicas. Introducción por websdinamicas en colaboración con CEIP Francisco Vales Villamarín se encuentra bajo una Licencia Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España.

Basada en una obra en www.edu.xunta.es.

7. A etiquetaxe social de contidos web. As folksonomías

Que son as Folcsonomías ou Folksonomías?

"Folc" provén do alemán "pobo" (Volk). Etimolóxicamente (folc+taxo+nomía) significa literalmente "clasificación xestionada polo pobo (ou democrática)".

Un dos conceptos significativos da Web 2.0 é o de etiquetaxe social. Ademais de crear contido web de forma sinxela grazas aos blog, wiki, etc., os usuarios poden tamén organizalo ou clasificalo en categorías mediante a asignación de etiquetas (tags).

Unha etiqueta é unha palabra crave que se engade a un obxecto dixital (un artigo ou entrada do blog, un sitio web, unha fotografía, un clip de vídeo, etc.) co fin de describilo; pero non como parte dun sistema formal de clasificación, senón como unha vía que facilita a calquera a localización de información e contidos.

Cando se trata da organización da información e dos contidos, xorde o concepto de metadato. Este defínese de forma sinxela como "un dato acerca doutro dato". Os metadatos son información, en xeral altamente estruturada, acerca de documentos, artigos, fotografías ou outros elementos.

Os metadatos creados polos usuarios son os que se denominan etiquetas no marco da Web 2.0.

Así, a etiquetaxe semántico, que achega significado aos datos e a miúdo creado en colaboración, permite o acceso á información da web mediante etiquetas ou palabras crave previamente asignadas aos contidos.

Unha das primeiras aplicacións a gran escala do uso de etiquetas fíxose patente coa aparición do sitio web Delicious (antes, do.icio.us), que impulsou a denominada etiquetaxe social (social bookmarking, marcado social), unha forma na que os usuarios de Internet almacenan, organizan, comparten e buscan sitios web de interese (website bookmarking, marcado de sitios web "favoritos") para eles.

Facilitan tamén ao usuario a localización de recursos en categorías específicas, utilizando como segundo criterio de procura a cantidade de veces que cada un dos recursos contidos nesas categorías foron enlazados ou recomendados por outras persoas.

Así, a idea de etiquetaxe ampliouse até xerar o que se denominou nube de etiquetas (tag clouds), que non é máis que unha representación visual das etiquetas asignadas a un sitio web.

O servizo de etiquetaxe forma grupos de etiquetas de diferentes usuarios cotexando información sobre número de veces coa que se utilizan determinadas etiquetas.

Esta información sobre a frecuencia de uso adóitase presentar gráficamente como unha nube (cloud) na cal, a maior frecuencia de uso, maior é o tamaño da fonte usada para mostrar o nome da etiqueta.

No caso dos blog en Drupal é posible agregar unha nube de etiquetas propia do blog na cal o tamaño da fonte indica a cantidade de entradas asociadas a cada etiqueta: a máis entradas, maior será o tamaño da etiqueta.


Folcsonomías en Websdinámicas

Ao contrario dos blogs onde os contidos categorízanse con tags ou etiquetas polos propios usuarios mentras crean o contido, a páxina web do centro emprega menús taxonomizados ou categorizados.

contidos etiquetados con tags

bloques procedentes de menús taxonomizados

Algún dos menús taxonomizados mais habituais nas webs dos centros educativos son: Secretaría, O Centro, Biblioteca, Actividades Escolares...etc


Pola contra nos blogs os contidos categorízanse con tags ou etiquetas polos propios usuarios mentras crean o contido.

Para poder realizar este tipo de marcado social dos contidos no proxecto websdinámicas incorporáronse en multisite catro módulos novos [1] de configuración sinxela que requiren da activación e configuración previa por parte do administrador.

Aínda que os módulos están dispoñibles en multisite non están polo de agora visibles para todos os centros polo que se desexa empregalos o administrador da web debe enviar un correo a websdinamicas@edu.xunta.es solicitándoos.

Unha vez teña os módulos activados para a súa configuración o administrador pode consultar a parte de documentación relativa a este módulos neste mesmo curso nas seccións específicas para administradores


Funcionamento do etiquetado libre para os usuarios dos blogs en websdinamicas

Unha vez estean activados os módulos cada vez que creemos ou editemos un artigo do blog disporemos dun campo onde debemos introducir as etiquetas.

As etiquetas deben ser palabras, frases curtas ou unha simple lista de termos, separados por comas que describan o contido dunha forma sinxela e intuitiva.

Deben servir de axuda para que os visitantes poidan localizar facilmente un artigo sobre un tema do seu interese.

Pasos a seguir:

  1. Iniciamos sesión co noso usuario do blog
  2. creamos contido tipo artigo de blog
  3. poñemos un título
  4. escribimos as etiquetas (palabras ou frases curtas) que axudarán a catalaogar o noso artigo e a identificar o seu contido (lembre separar as etiquetas por comas)
  5. No corpo escribimos o texto do artigo e algunha imaxe que o acompañe
  6. Prememos sobre enviar para publicar o artigo

introducir etiquetas en blog

Por defecto a aplicación amosará as últimas etiquetas empregadas ou as suxerencias incluídas polo administrador.

etiquetas detalle

Unha vez publicado o artigo as etiquetas visualizaranse xunto con él. O xeito de visualizalas é diferente dependendo da plantilla que empregue o blog (cada blog empregará a súa propia plantilla ou tema)

Aqui vos deixamos algúns exemplos nos que se poden ver distintas formas de visualizar as etiquetas segundo a plantilla:

etiquetas 4

na imaxe superior se aprecian as etiquetas: actividades e aula, realtivas ao contido do artigo


etiquetas

etiquetas empregadas: respostas, xeografía


etiquetas

etiqueta empregada: Novas


etiquetas

etiquetas empregadas: infantil, Edilim, actividades

A maioría das plantillas colocan os tags ou etiquetas na cabeceira do artigo, xunto ao título, outras plantillas colocan as etiquetas baixo o contido ao pé do artigo.


Utilidade das etiqetas ou tags nos blogs

As etiquetas funcionan como links directos no blog a contidos relacionados.

Ao premer sobre unha etiqueta automaticamente se amosarán todos os artigos que foron catalogados coa mesma etiqueta polos usuarios.

Isto permite unha catolagación dinámica, sinxela e áxil dos artigos dos blogs polos propios usuarios o que simplifica o traballo de categorización de contidos especialmente para o administrador e elimina as limitacións dunha categorización estática.

Tamén facilitan a busca de artigos sobre un tema determinado xa que a caixa de busca existente na páxina permite realizar buscas por etiquetas.

As etiquetas agrúpanse en nubes onde as mais populares ou mais empregadas vense nun tamaño maior que o resto o que facilita visualmente a busca para os visitantes.


Nubes de etiquetas

As etiquetas empregadas se incorporarán automáticamente á nube de tags do blog.

Aquelas que se repitan mais amiudo aparecerán nun tamaño de letra maior.

Como sempre as etiquetas funcionarán como links ou enlaces a contidos relacionados, ao premer sobre elas automaticamente se nos amosarán todos os contidos que foron catalogados coa mesma etiqueta.

A nube de etiquetas se visualiza xeralmente nun bloque lateral do blog (ou onde o teña configurado o usuario autor do blog, que é quen xestiona os bloques do seu blog).

Mais adiante (tema 6 deste curso) veremos cómo configurar este bloque e colocalo no noso blog.

O aspecto da nube de etiquetas varía moito dependendo de dous aspectos: o módulo empregado para a nube de etiquetas e a plantilla ou tema empregado polo blog.

1. Módulos empregados para a nube de etiquetas. En websdinámicas dende a migración a multisite están isntalados os módulos: Cumulus Tag Cloude, Tagedelic e Tagadelic Views, dando lugar as dous nubes de etiquetas diferentes.

O módulo Cumulus xenera un bloque en flash (con color, profundidade e movemento) que se pode vincular a unha única categoría (neste caso todos os blogs compartirían a mesma nube).

cumulus

imaxe da nube producida polo módulo Cumulus (bloque en flash) podes velo en funcionamento neste enlace http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvalesvillamarin

O módulo Tagadelic e o módulo asociado Tagadelic Views, crean unha vista (view) bloque configurable en forma de nube que se pode persoalizar de xeito que cada blog teña a súa propia nube de etiquetas.
nube tagadelic en plantilla bluebars
imaxe dunha nube de etiquetas de blog producidas polo módulo Tagadelic Views

2. A plantilla ou tema empregado no blog.
Gracias a incorporación en multisite do módulo Taxonomy Theme cada blog do centro pode empregar unha plantilla ou tema diferente (o que simplifica moitísimo a administración dos bloques).

O aspecto da nube de etiquetas é diferente segundo a plantilla empregada. Aqui vos deixamos algúns exemplos.

plantilla ocadia plantilla trasnos palntilla segundo




[1] Módulos adicionais incluidos en multisite para as folksonomías ou etiquetado libre: Tag Tool, Cumulus, Tagadelic, Tagadelic Views.

Estes módulos están instalados e visibles para todos os centros en multisite no proxecto, o administrador se quere empregalos debe activalos e configuralos tal e como se indica na sección para administradores deste curso.