Traballando nos blogs en websdinámicas. Introducción


Documentación sobre os blogs e o seu funcionamento en Drupal


Licencia Creative Commons

Traballando nos blogs en websdinámicas. Introducción por websdinamicas en colaboración con CEIP Francisco Vales Villamarín se encuentra bajo una Licencia Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España.

Basada en una obra en www.edu.xunta.es.

6. Cambiar o nome do meu blogue

O nome do blog é o nome do usuario a quen pertence, por exemplo se o teu nome de usuario e "probas" o teu blog chámase "blog deprobas", polo tanto para modificar ou personalizar o nome do blog o unico que teremos que facer é cambiar o nome do usuario.

O proceso de modificación de nome de usuario foi explicado no apartado anterior, aqui o recordaremos brevemente:

  • Para acceder aos nosos datos de usuario e poder modificalos debemos buscar nos menús laterais (esquerda ou dereita) o menú de navegación (menú que leva por título o noso Nome de usuario) e nel atoparemos un enlace que di "A miña conta."

Por exemplo, se o meu nome de usuario é 'profe1' o meu menú de usuario aparecería así:

a miña conta

  • Ao premer no enlace 'A miña conta' accederemos á paxina de datos do usuario.
  • Na parte superior podemos atopar outro enlace que di 'Editar'. Prememos sobre este enlace para entrar na ficha de edición e modificación dos nosos datos de usuario.
editar datos usuario
  • Ao entrar na ficha de Edición veremos que temos un campo onde poderemos modificar o noso de usuario

editando perfil e nome de usuario

  • Basta simplemente con poñer o nome de usuario que desexemos (o primeiro caracter non pode ser un espazo en branco)

nome de usuario cambiado

  • Unha vez feito automáticamente cambiarase tamén o nome do noso blog
nome do blog cambiado
En xeral recomendamos poñer nomes aos blogs que non sexan persoais (i.e. que non leven o nome e/ou apelidos do usuario) e que sexan significativos do traballo desenvolvido no blog.

Exemplos de nomes para blogs: "_Biblioteca", "_Orientación", "_Infantil", "_Matemáticas" etc. tamén se poderían escoller nomes para un blog de aula representativos do grupo, por exemplo "_o pupitre vermello", “_xa estamos en terceiro”, “_trasnos brigantinos”, “_O primeiro de todos” [1] etc.

Unha vez escollido o nome debemos comunicalo ao administrador da web e pedirlle que coloque un enlace ao blog na páxina para que sexa accesible para os visitantes.

A partir dese momento para traballar nel o único que temos que facer e iniciar sesión con ese usuario e comezar a publicar os nosos artigos.



Notas
(1) Por defecto Drupal chama aos blogs creados "blog deusuario" sen poñer un espazo entre o "de" e o nome do usuario ou do blog. Para evitar este tipo de situación recondamos crear nomes de usuarios para os blogs que vaian precedidos por un "_" guión baixo, deste xeito o blog do usuario "_Biblioteca" varíase como "blog de_Biblioteca"